España
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Baleares organiza unha mostra de videoxogos en catalán

O evento terá lugar en Palma, no marco do Mallorca Game, a convención de videoxogos máis grande celebrada en Baleares. Poderán visitala persoas de todas as idades, usuarios habituais de videoxogos e persoas que queren descubrilos.
Fonte: Ara Balears
Case 7000 persoas están inscritas no exame para obter o certificado C2 de catalán
Preto de 7000 persoas inscribíronse para a obtención do certificado oficial de catalán C2, a cifra máis elevada alcanzada para este nivel, xa que se conseguiu un incremento do 192,38 % con respecto ao ano 2021.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A convocatoria Euskalgintza destinará 1 550 000 euros a proxectos de promoción, difusión e normalización do éuscaro na vida social
O Goberno vasco, ao abeiro da convocatoria Euskalgintza, destinará 1 550 000 euros (200 000 euros máis que o ano pasado) a proxectos de fomento do éuscaro na vida social en 2022.
Fonte: Irekia
O Goberno vasco fomentará a inclusión de materias en éuscaro nos ciclos de FP de modelo A

O Parlamento vasco insta o Goberno autonómico a fomentar a inclusión de materias en éuscaro na FP de modelo A (ensino en castelán coa materia de lingua vasca), posto que só o 44 % do alumnado destes ciclos estuda nesta lingua.
Fonte: El Correo
Unha xornada mostrará experiencias de promoción do éuscaro no ámbito laboral de Navarra
A xornada Euskara langai, organizada polo Goberno de Navarra, ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico e mostrar experiencias de éxito na Comunidade Foral.
Fonte: Gobierno de Navarra
Xa está aberto o prazo para presentarse á segunda edición do concurso de TikTok en valenciano

Este concurso, organizado pola Plataforma per la Llengua, ten como obxectivo promover o uso do valenciano en TikTok, a rede social máis popular entre a xente nova, así como impulsar novos talentos nesta lingua.
Fonte: 20minutos
A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca publica a convocatoria de axudas para impulsar a produción editorial e fonográfica en catalán
O Goberno insular destinará 350.000 á convocatoria de subvencións para a produción cultural en catalán, o que supón un aumento de 50.000 euros respecto ao ano pasado. En concreto, estas axudas buscan fomentar a produción e a edición, en formato físico e dixital, de libros, audiolibros e fonogramas nesta lingua.
Fonte: La Vanguardia
O 80 % do persoal técnico biscaíño do ámbito do deporte conta cun bo coñecemento do éuscaro

A deputada de Éuscaro, Cultura e Deporte fixo balance dos datos de uso desta lingua no ámbito deportivo no territorio biscaíño ao abeiro do programa BIKEE -Bizkaian Kirola Ere Euskaraz. Estes datos mostran que na actualidade o 33 % dos deportistas usa o éuscaro e o 63% son bilingües, mentres que no caso dos adestradores/as, utilízano o 36 %.
Fonte: Deia
Preséntanse as novas liñas de subvencións para promover o uso do éuscaro en Portugalete

O Servizo de Éuscaro impulsa unha liña de axudas destinada á euscaldunización da paisaxe lingüística e da contorna dixital no sector do comercio, hostalaría e servizos de Portugalete e outra liña para a realización de actividades en éuscaro na vila.
Fonte: En Portugalete
Nace un novo xornal dixital sobre empresa e economía en éuscaro

O xornal económico catalán VIA Empresa lanza un novo diario económico e empresarial en éuscaro, EnpresaBidea, un xornal dixital feito "en e para" Euskal Herria con redaccións en Bilbao e San Sebastián.
Fonte: Crónica Vasca
Boletín
Subscríbase ao boletín