España

Unha exposición itinerante mostrará a través de imaxes e gráficos textos xurídicos en éuscaro de relevancia histórica

O Parlamento vasco acollerá a primeira parada dunha exposición itinerante que mostrará a través de imaxes e gráficos textos xurídicos en éuscaro de relevancia histórica, do ámbito público e privado.

Fonte: Norte Exprés

País Vasco

Máis de sesenta persoas participan en Euskara langai, un punto de encontro para empresas e entidades con responsabilidade na xestión lingüística

Pamplona acolleu a primeira edición de Euskara langai, un novo programa que pretende converterse nun punto de encontro para as empresas e as entidades con responsabilidade na xestión lingüística, ademais dun escaparate das súas boas prácticas.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Os principais grupos políticos cataláns chegan a un acordo sobre o uso das linguas oficiais no ensino

PSC, ERC, Junts per Catalunya e En Comú Podem chegaron a un acordo sobre o uso do catalán e o castelán no sistema educativo, para darlle resposta á sentenza que obriga a que este último se use como lingua vehicular, polo menos, nun 25% das horas.

Fonte: El País

Cataluña

Estréase na televisión autonómica de Aragón o primeiro 'late night' en aragonés

Aragón TV estrea A Escampar La Boira, o primeiro late night nas tres linguas que se falan nesta comunidade, que abordará temas de actualidade desde unha perspectiva dinámica, desenfadada e multilingüe.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Varias organizacións consideran insuficiente a nova Lei do audiovisual para garantir a igualdade entre as diferentes linguas do Estado

Representantes de organizacións de comunidades con linguas cooficiais emitiron un comunicado conxunto no que lembran as súas propostas para que a nova Lei do audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico e iguale contidos e porcentaxes mínimas en todas estas linguas.

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

A Generalitat de Cataluña abre dúas liñas de axuda á dobraxe e o subtitulado ao catalán

Estas dúas liñas de axuda teñen como obxectivo aumentar a oferta de contidos audiovisuais en catalán: unha para estreas en sala, dirixida a empresas distribuidoras; e outra para dobraxe e subtítulos en catalán de longametraxes e series para plataformas dixitais e en soporte físico, destinada a empresas distribuidoras e estudios de dobraxe.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Fundación Carulla reparte 40 000 euros entre 30 escolas pola súa aposta pola arte, a cultura e a lingua catalá como ferramentas de cambio

Un total de trinta centros educativos recibirá da Fundación Carulla 40 000 euros pola súa compoñente transformadora e por apostar pola arte, a cultura e o catalán como ferramentas de cambio.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Un estudo analiza a situación sociolingüística do enclave burgalés de Treviño

Os concellos de La Puebla de Arganzón e o de Condado de Treviño, xunto á viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco, están a realizar un estudo sobre a situación e a evolución sociolingüística neste territorio.

Fonte: Noticias de Álava

Castela e León

O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para impulsar a matriculación en asturiano e galego-asturiano

Baixo o lema «Ye nosa, ye pa ti / É nosa, é pra ti», a Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo iniciou unha campaña para animar o alumnado e as súas familias a matricularse en asturiano e galego-asturiano nas etapas educativas de primaria, ESO e bacharelato.

Fonte: Galicia Confidencial

Asturias

O Concello de Vitoria-Gasteiz subvencionará os establecementos que empreguen o éuscaro nos rótulos e outros materiais

Entregaranse axudas a establecementos comerciais e hostaleiros de Vitoria para fomentar a presenza do éuscaro nos seus rótulos, así como en diferentes materiais, como páxinas web.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder