España
A Biblioteca de Asturias recibe a colección dixitalizada do histórico semanario en lingua asturiana «Les Noticies»

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Principado promoveu a dixitalización das máis de 20 000 páxinas da publicación Les Noticies que ao longo de 16 anos (1996-2012) se converteu nun referente para os autores en lingua asturiana do momento. Agora forma parte dos fondos virtuais da Biblioteca de Asturias a colección de 770 exemplares deste semanario.
Fonte: La Voz de Asturias
Convócanse axudas dirixidas ás editoriais para a tradución de obras non literarias ao catalán
A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas á tradución de obras non literarias ao catalán, á que destinará unha partida orzamentaria de 260 000 € e que está destinada a editoriais que, grazas a esta convocatoria, poderán subvencionar o 70 % do custo do proxecto.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova web axudará a aprender de forma sinxela a lingua vasca

Partekatu é unha web para aprender éuscaro en liña e de xeito sinxelo. Contén decenas de artigos divididos en tres categorías que responden dúbidas sobre esta lingua: gramática, vocabulario e blog.
Fonte: Gasteiz Hoy
A Lei xeral de telecomunicacións obrigará a que os servizos de atención ao cliente se ofrezan na lingua oficial da comunidade autónoma correspondente
O Congreso dos Deputados rematou a tramitación parlamentaria da Lei xeral de telecomunicacións que, entre outras cuestións, obriga a que os servizos de atención á clientela deberán ofrecerse en castelán e na lingua oficial da comunidade autónoma correspondente.
Fonte: Congreso de los Diputados
As instalacións do Athletic Club de Bilbao en Lezama acollen un torneo para impulsar o éuscaro

Trátase da primeira edición deste torneo cuadrangular no que participarán o Hamabi biscaíño, o Unión Tutera navarro, o Arranoak do País Vasco francés e o Aretxabaleta guipuscoano e que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro.
Fonte: El Correo
O certificado de capacitación de catalán será requisito en 2023 para participar en procesos de acceso ao corpo docente de Baleares
O Plan de formación lingüística e cultural (FOLC), xunto co nivel C1 de catalán, será imprescindible para calquera proceso selectivo de acceso ao corpo de persoal docente a partir de 2023.
Fonte: Diario de Mallorca
O Goberno de Cataluña e oito municipios poñen en marcha un plan para mellorar o uso do catalán
A Generalitat, a Deputación de Tarragona e oito municipios desta provincia asinaron un plan de actuación para impulsar medidas destinadas a mellorar a utilización do catalán, así como reforzar o seu uso social.
Fonte: Diari Més
Preséntase Elkargoak Euskaraz, unha iniciativa para impulsar o uso do éuscaro nos colexios profesionais

Elkargoak Euskaraz nace ao abeiro do proxecto BasquePRO para impulsar o uso do éuscaro nos colexios profesionais, o que supón unha oportunidade para unificar esforzos nos procesos de euscaldunización e promoción desta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
Apróbase a creación do Observatorio Global do Español
O Goberno de España creará o Observatorio Global do Español, que terá a súa sede na Rioxa, un centro de análise e prospectiva que fomentará o coñecemento e o prestixio desta lingua, así como das culturas hispánicas no proceso de transformación dixital.
Fonte: Fundéu
Ponse en marcha unha campaña para demandar un impulso do valenciano no sistema educativo

Baixo o lema «Ensenyants pel valencià», unha nova campaña insta as institucións públicas a facer un esforzo lexislativo e económico para deter o retroceso do valenciano no sistema educativo. Todas as persoas que o desexen poden apoiar esta iniciativa a través da web www.ensenyantspelvalencia.org.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín