España
Altea organiza unha nova edición do ciclo de cine en valenciano
Altea acolle unha nova edición de Bellaguarda de Cine, un ciclo de cine en valenciano polo que cada martes se proxectará un filme e cuxa entrada será libre e gratuíta.
Fonte: El Periòdic
A Agrupación Reformista de Policías reclama que se inclúan outras linguas cooficiais de España nas oposicións ao Corpo Nacional de Policía
A Agrupación Reformista de Policías demanda que no exercicio voluntario de idioma, ademais de francés e inglés, se inclúa o resto de linguas oficiais: éuscaro, catalán, aranés, galego e valenciano.
Fonte: El Foro de Ceuta
Ponse en marcha unha campaña para que Google inclúa o catalán en todos os seus servizos

A Generalitat de Catalunya envioulle unha carta a Google na que lle reclaman que se poida consultar o servizo de Google News en catalán, así como que se incorpore esta lingua aos asistentes de voz de todos os servizos.
Fonte: DBalears
O Mosteiro de Casbas de Huesca convértese na sede do Centro de Interpretación do Aragonés
O novo Centro de Interpretación do Aragonés «Ana Abarca de Bolea», que toma o nome dunha das súas abadesas que escribiu nesta lingua, ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o aragonés e promover a súa aprendizaxe, así como sensibilizar e fomentar o compromiso cara a este idioma.
Fonte: Heraldo
O Concello de Ordizia renova o seu compromiso coa promoción do éuscaro no ámbito deportivo

O Plan de acción para a promoción do éuscaro de Ordizia mostra o compromiso da Administración local co impulso da promoción do uso desta lingua en todos os ámbitos e sectores do municipio, entre os que o deporte se sitúa como prioritario.
Fonte: El Diario Vasco
Aumenta o número de parellas lingüísticas do Voluntariado pola Lingua en 2021
O Voluntariado pola Lingua superou xa as 158 000 parellas lingüísticas desde que se iniciou o programa en 2003. Destas, 7351 creáronse en 2021, unha cifra que se incrementou con respecto ao ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Principado contará cunha oficina de dereitos lingüísticos

O Goberno do Principado porá en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos que centralizará a xestión de todas as queixas, suxestións ou solicitudes de información ou de asesoramento presentadas pola cidadanía en materia lingüística.
Fonte: La Voz de Asturias
Os gobernos de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana traballarán conxuntamente para optar ao PERTE «Nova economía da lingua»

Os responsables de Política Lingüística dos gobernos de Baleares, Cataluña e a Comunidade Valenciana reuníronse para abordar, entre outros temas, a necesidade de presentar proxectos conxuntos ao PERTE «Nova economía da lingua», cuxo obxectivo é converter as linguas oficiais en elementos tractores da transformación dixital.
Fonte: La Vanguardia
Constitúese formalmente a Rede de Normalización Lingüística do Principado de Asturias

A Rede de Normalización Lingüística do Principado quedou constituída formalmente tras a celebración da súa primeira reunión, á que asistiron representantes dos 21 municipios que contan con servizo lingüístico, así como da Universidade de Oviedo. O obxectivo deste novo organismo é reforzar a coordinación entre a Administración autonómica e os concellos para impulsar o uso do asturiano e do eonaviego.
Fonte: Centro Emisor de Occidente
Netflix incorpora os primeiros títulos subtitulados ou dobrados en catalán
Froito do compromiso entre o Departamento de Cultura e Netflix, a plataforma de vídeo a demanda incorporou a primeira ducia de títulos dos 70 que vai incluír cada ano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín