España

Preséntanse as novas liñas de subvencións para promover o uso do éuscaro en Portugalete

O Servizo de Éuscaro impulsa unha liña de axudas destinada á euscaldunización da paisaxe lingüística e da contorna dixital no sector do comercio, hostalaría e servizos de Portugalete e outra liña para a realización de actividades en éuscaro na vila.

Fonte: En Portugalete

País Vasco

Nace un novo xornal dixital sobre empresa e economía en éuscaro

O xornal económico catalán VIA Empresa lanza un novo diario económico e empresarial en éuscaro, EnpresaBidea, un xornal dixital feito "en e para" Euskal Herria con redaccións en Bilbao e San Sebastián.

Fonte: Crónica Vasca

Xeral

Arredor do 45 % das persoas que traballan no ámbito da Xustiza vasca xa acreditou o perfil de éuscaro esixido para a súa praza

O maior uso do éuscaro obsérvase nos colectivos transferido á Administración vasca, mentres que nos colectivos non transferidos o nivel desta lingua continúa a ser baixo.  Por territorios, os peores resultados obtéñense en Áraba, onde o 42 % do cadro do persoal conta co perfil esixido, fronte a Guipúscoa, onde esta porcentaxe alcanza o 60 %, ou Biscaia, o 47 %.

Fonte: Norte Exprés

País Vasco

O Goberno asturiano pon en marcha a Rede de Normalización Lingüística

O Goberno do Principado de Asturias aprobou o decreto polo que se crea e regula a Rede de Normalización Lingüística, un órgano que ten como obxectivo reforzar a coordinación entre a Administración autonómica e a local para fomentar o uso do asturiano e o eonaviego.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos de Navarra recibe 1200 denuncias pola imposibilidade de recibir servizos públicos en éuscaro

Behatokia, o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, recibiu 1200 solicitudes dirixidas ao Goberno de Navarra nas que se denuncia a imposibilidade de recibir servizos públicos en éuscaro, razón pola que se convoca unha manifestación para o 7 de maio na que se pedirá que se tomen medidas para reverter esta situación.

Fonte: Cadena SER

Navarra

O Condado de Treviño aspira a que na súa escola pública se poida impartir éuscaro como unha materia máis

Ante o cambio de goberno na Junta de Castela e León, o Condado de Treviño está pendente da actualización do marco de colaboración co País Vasco, no que se regulan aspectos como a educación ou o fomento do éuscaro, pois neste enclave aspiran a se que imparta a lingua vasca como unha materia máis.

Fonte: Cadena SER

Castela e León

O Parlamento catalán apraza o debate sobre a reforma da Lei de política lingüística

A modificación da Lei de política lingüística, que busca equilibrar a presenza do catalán e o castelán no sistema educativo, volveuse aprazar debido ao debate interno polos cambios propostos.  

Fonte: El País

Cataluña

A organización Plataforma per la Llengua será a encargada da dinamización do catalán na illa de Mallorca

Plataforma per la Llengua é a entidade adxudicataria dun contrato do Goberno insular, por valor de 241 395 euros e cunha duración de 21 meses, para realizar actividades na illa de Mallorca que impulsen o uso do catalán como lingua de cohesión social.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Concello de Elgoibar lanza un programa de subvencións en materia de éuscaro

O programa de axudas en materia de éuscaro para 2022 deste concello xa está en marcha. As actividades que se poden subvencionar inclúen, entre outros, cursos organizados por universidades, plans para o uso desta lingua nas empresas da localidade ou a instalación de rótulos identificativos en comercios.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa anima a usar o éuscaro para facer a declaración da renda

O deputado foral de Facenda e Finanzas de Guipúscoa afirma que a campaña da renda é unha boa oportunidade para apostar polo éuscaro, tanto nas oficinas como na presentación da declaración por internet. Así, avanza no seu obxectivo para conseguir que, en 2023, 100 000 guipuscoanos e guipuscoanas se relacionen con Facenda nesta lingua.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder