España
O Goberno do Principado pon en marcha unha campaña para impulsar a matriculación en asturiano e galego-asturiano
Baixo o lema «Ye nosa, ye pa ti / É nosa, é pra ti», a Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo iniciou unha campaña para animar o alumnado e as súas familias a matricularse en asturiano e galego-asturiano nas etapas educativas de primaria, ESO e bacharelato.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Vitoria-Gasteiz subvencionará os establecementos que empreguen o éuscaro nos rótulos e outros materiais
Entregaranse axudas a establecementos comerciais e hostaleiros de Vitoria para fomentar a presenza do éuscaro nos seus rótulos, así como en diferentes materiais, como páxinas web.
Fonte: Noticias de Álava
O novo decreto que prepara a Generalitat exclúe fixar porcentaxes de catalán e castelán nas escolas
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obriga a impartir un 25% de clases en castelán, polo que, para conseguir o consenso dentro do Goberno, unha fórmula pode ser un decreto lei no que non se especifiquen porcentaxes nin proporcións no ensino e uso das dúas linguas.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade de Deusto proba unha nova metodoloxía para mellorar a aprendizaxe do éuscaro

Ambas as universidades levaron a cabo nun centro educativo bilbaíno unha actuación para mellorar a competencia oral en éuscaro do alumnado de ESO. Trátase dunha metodoloxía que consiste nunha conversación continua sobre unha obra da literatura clásica universal.
Fonte: El Correo
Convócase unha manifestación en Donostia en favor do éuscaro
A manifestación, programada para o día 21 de maio, está motivada pola iniciativa Euskara Aurrera (O éuscaro cara a adiante), presentada por un grupo de mozos e mozas que mostran a súa preocupación polas dificultades que aínda existen para poder vivir plenamente nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Aragón propón crear a especialidade docente de lingua aragonesa

O Goberno aragonés sacou a información pública a Orde do Conselleiro de Educación, Cultura e Deporte pola que se establece a especialidade docente de lingua aragonesa para regular, a través dun proceso selectivo, a forma de acceder ao posto de profesor ou profesora de aragonés.
Fonte: Asturies.com
Preséntase o primeiro manual de fonoloxía aragonesa
O Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa clausurou un curso no que se presentaron novos estudos, entre eles a primeira monografía sobre a fonoloxía do aragonés.
Fonte: Heraldo
Pizza Hut e Telepizza inclúen o catalán na súa web e na aplicación móbil

Pizza Hut e Teleppiza incorporarán o catalán á súa web e aplicación móbil, froito do traballo que está levando a cabo a Generalitat para conseguir ampliar o número de restaurantes que usa esta lingua, ao abeiro do programa Emmarca’t.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Establecementos comerciais de Esparreguera súmanse a unha campaña para promover a atención en catalán á clientela
Un total de 160 comercios de Esparreguera acaba de sumarse a un programa polo que se comprometen a garantir a atención en catalán á súa clientela, grazas ao que lucirán un adhesivo verde na fachada do negocio.
Fonte: El LLobregat
A Universidade Nebrija e a Fundación Antonio de Nebrija crean un observatorio do español

O Observatorio Nebrija do Español (ONE) nace para estudar esta lingua en relación coas migracións, os fluxos económicos e a cultura. O seu papel na selección de destino dos inmigrantes, o impacto económico, social e artístico das feiras de arte contemporánea en español ou o seu estudo na industria audiovisual son exemplos das investigacións que se levarán a cabo e que se darán a coñecer ao público a través da publicación regular de documentos de traballo ou artigos en revistas especializadas, entre outros.
Fonte: COPE
Boletín
Subscríbase ao boletín