España
Entrégase o premio á mellor historia en catalán do concurso literario AMIC-Ficcions 2022
O concurso literario AMIC-Ficcions 2022 fixo entrega en Barcelona do premio á Mellor Historia en catalán escrita polo alumnado de secundaria. O certame seleccionou 200 finalistas de entre 4493 participantes de 284 centros educativos de Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Aragón e Cataluña do Norte
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os centros educativos de Cataluña cubrirán unha enquisa para acreditar que cumpren a normativa lingüística
Máis de 5000 centros educativos de Cataluña recibiron da Generalitat as instrucións que deben seguir para acreditar que os seus proxectos lingüísticos cumpren o marco legal vixente que estipula unha porcentaxe do 25 % de castelán nas aulas.
Fonte: El Periódico
O Goberno balear convoca axudas para os medios de comunicación en catalán

O Goberno balear destinará unha partida de 700 000 euros ás axudas para os medios de comunicación en catalán, o que supón un incremento de 65 000 euros respecto á anterior convocatoria.
Fonte: Mallorca Diario
O Concello de Azkoitia subvencionará a aprendizaxe de éuscaro
O Concello de Azkoitia modificou as bases para outorgar axudas por aprender éuscaro co obxectivo de garantir a gratuidade.
Fonte: El Diario Vasco
Ponse en marcha un novo programa de promoción do xogo en catalán

O Consorcio para a Normalización Lingüística impulsa Totjoc, un programa de promoción do xogo en catalán, co que pretende facer máis visibles os seus obxectivos: fomentar o uso desta lingua a través de actividades lúdicas, dar a coñecer a oferta de xogos e xoguetes en catalán e colaborar coas empresas que o incorporan aos seus produtos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O ruso e o ucraíno súmanse ás linguas do vocabulario básico de acollida para as persoas que acaban de chegar a Cataluña editado pola Generalitat

O libro Viure a Catalunya. Vocabulari en imatges incorpora por primeira vez o ruso e o ucraíno, que se suman ao catalán, castelán, francés, inglés, italiano, alemán, árabe e chinés. Trátase dun vocabulario básico en imaxes que contén máis de 1000 palabras en catalán asociadas a unha ilustración e agrupadas por temas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova ferramenta baseada na intelixencia artificial permitirá coñecer a situación do español en Internet

A Real Academia Española (RAE) e Amazon Web Services (AWS) presentaron en Madrid unha ferramenta de análise do español que permite examinar decenas de miles de documentos de Internet co obxectivo de valorar a situación desta lingua no mundo.
Fonte: Real Academia Española
O Senado e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un acordo para promover conxuntamente o éuscaro

Este acordo de colaboración ten como obxectivo impulsar conxuntamente o éuscaro e o patrimonio lingüístico, e servirá para editar publicacións, colaborar na tradución de textos legais e organizar unha exposición sobre o patrimonio lingüístico do Estado. Trátase do primeiro dos acordos que o presidente do Senado quere impulsar con todas as academias das comunidades autónomas con linguas oficiais.
Fonte: Deia
Varias forzas políticas demandan que se permita o uso das lingua cooficiais no Congreso
Varios grupos políticos rexistraron unha proposta de reforma do regulamento do Congreso para que se poidan realizar intervencións en linguas cooficiais na sesión plenaria, coa correspondente interpretación simultánea, así como formular escritos nas devanditas linguas.
Fonte: Galicia Confidencial
As linguas galega, vasca e catalá contarán cun informe bianual sobre a súa situación

O Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Vasco Extepare e o Instituto Cervantes acordaron realizar un informe bianual sobre o estado das linguas galega, vasca e catalá, para o que constituirán unha comisión técnica de traballo.
Fonte: La Región
Boletín
Subscríbase ao boletín