España

O Concello de Barakaldo crea un espazo para a realización de actividades de lecer en éuscaro destinadas ás familias

O barrio de San Vicente contará cun novo espazo, posto en marcha polo Concello en colaboración coa asociación Hala Dzipo, que busca converterse nun punto de encontro para realizar actividades culturais en éuscaro gratuítas destinadas ás familias, como obradoiros, cine etc.ç

Fonte: El Correo

País Vasco

Comeza o proceso participativo do Pacto Nacional pola Lingua para fomentar o uso do catalán en diferentes ámbitos e frear a perda de falantes

Durante a primeira reunión do Pacto Nacional pola Lingua, o Goberno de Cataluña presentou un informe sobre a situación do catalán e serviu de punto de partida para iniciar un proceso participativo que servirá como base do futuro plan de política lingüística.  

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Goberno balear mantén o catalán como lingua vehicular na lei educativa

O Executivo balear rectifica e retira o recoñecemento do castelán como lingua vehicular. Así, mantense todo practicamente como ata agora, con autonomía dos centros educativos para detallar o seu proxecto lingüístico.

Fonte: Cadena SER

Illas Baleares

O Goberno vasco e PuntuEUS promoverán o éuscaro no ámbito dixital

O acordo de colaboración entre o Goberno vasco e PuntuEUS Fundazioa ten como obxectivos, por unha banda, promover o dominio .eus no ámbito socioeconómico e, por outra, fomentar entre a cidadanía o uso do éuscaro nos dispositivos electrónicos.  

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Todo o alumnado de grao do campus de Huesca poderá estudar aragonés

Ata agora impartíase xa no campus de Huesca un posgrao e unha especialidade de Maxisterio dedicados ao aragonés, pero a partir de marzo ofertarase para o resto de graos unha proposta académica complementaria, que permitirá ao alumnado engadir a aprendizaxe desta lingua ao seu plan de estudos.

Fonte: Heraldo

Aragón

Lanzan en Navarra unha campaña a prol do modelo educativo en éuscaro

As asociacións Sortzen, Federación de Ikastolas de Navarra e NIZE organizan, baixo o lema «aUPa Euskara! Ahotik mundura», unha campaña a prol do modelo educativo en éuscaro, que consideran que conta cun amplo apoio social e favorece a cohesión e a igualdade de oportunidades.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

O Goberno de Aragón publica un manual de boas prácticas sobre as linguas da comunidade

Este manual de boas prácticas sobre as linguas propias de Aragón  reflexiona sobre o desenvolvemento do aragonés e o catalán e proporciona suxestións para un mellor cumprimento da normativa existente a este respecto.  

Fonte: Aragón Noticias

Aragón

O Parlamento de Navarra aproba unha moción para instar o Goberno Foral a impulsar o uso do éuscaro nas súas sedes electrónicas

O Parlamento de Navarra aprobou por unanimidade unha moción para instar o Goberno a que garanta que os contidos, os trámites e outras actuacións da sede electrónica estean dispoñibles integramente en éuscaro.

Fonte: Navarra.com

Navarra

A Deputación de Valencia convoca axudas para a implantación de plans de normalización lingüística nos concellos

As subvencións para a implantación do Plan de normalización lingüística 2022 están destinadas a municipios da provincia de Valencia, con prioridade para os que teñen entre 3000 e 10 000 habitantes, que poderán recibir ata un máximo de 10 200 euros.

Fonte: Diputació de València

Comunidade Valenciana

O Goberno balear e o Instituto Ramon Llull reúnense para explorar novas vías de colaboración para o impulso da lingua catalá

Representantes de Política Lingüística e do Instituto Ramon Llull reuníronse para comentar as actuacións en materia de lingua que se levan a cabo no marco da participación do Goberno balear neste organismo, así como para abordar novas liñas de traballo no fomento do catalán.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder