España

O Goberno vasco e seis entidades bancarias asinan un acordo para fomentar o uso do éuscaro

Bankoa Abanca, BBVA, Caixabank, Kutxabank, Laboral Kutxa e Rural Kutxa son as seis entidades financeiras que subscribiron este convenio co Goberno vasco co obxectivo de impulsar o uso do éuscaro e garantir os dereitos lingüísticos da clientela.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O novo pacto educativo vasco avoga polo plurilingüismo e o reforzo do éuscaro nos centros de contornos castelanfalantes

As Bases para un Acordo Educativo presentadas no Parlamento vasco aposta polo actual sistema de modelos lingüísticos para garantir o bilingüismo do alumnado ao finalizar a ESO.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Sabadell aproba unha moción para que se cumpra o Regulamento de uso da lingua catalá

Varias entidades impulsaron esta moción ao detectar incumprimentos do Regulamento de uso da lingua catalá, vixente no Concello de Sabadell desde o ano 2000. 

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

O Concello de Algemesí e a Academia Valenciana da Lingua asinan un convenio para promover o valenciano no municipio

O convenio, cuxa duración é de catro anos, ten como obxectivo a organización de actividades destinadas a fomentar o coñecemento e o uso do valenciano no municipio de Algemesí.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Oviedo acolle unha concentración para reclamar a oficialidade do asturiano

Centos de persoas concentráronse en Oviedo para reclamar a oficialidade das linguas de Asturias e esixir o recoñecemento dos dereitos lingüísticos da cidadanía asturiana.

Fonte: Gente Digital

Asturias

Preséntase un estudo que analiza a influencia da iniciativa Euskaraldia nos hábitos lingüísticos dos participantes

Segundo un estudo sobre o impacto da segunda edición de Euskaraldia, celebrada no ano 2020, esta iniciativa afecta ao cambio de hábitos lingüísticos das persoas participantes, que experimentan, grazas ao proxecto, importantes avances no uso do éuscaro.  

Fonte: Gobierno de Navarra

Xeral

Unha xuíza ordena readmitir unha traballadora que non alcanzou o nivel de éuscaro esixido para o seu posto argumentando que é unha lingua difícil

Unha xuíza ordenoulle ao Concello de Laudio readmitir a unha traballadora que non conseguiu o nivel de éuscaro esixido para o seu posto co argumento de que esta lingua está considerada como a quinta máis difícil do mundo.

Fonte: Deia

País Vasco

Os cursos UEFA de adestrador de fútbol ofertaranse por primeira vez en éuscaro

O Goberno vasco e a Federación Guipuscoana de Fútbol presentaron un acordo de colaboración grazas ao cal os cursos UEFA de adestrador de fútbol se ofertarán por primeira vez nunha lingua minoritaria, o éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A oferta de contidos en catalán en Netflix apenas representa o 0,5 % do catálogo

Segundo un informe, a presenza do catalán en Netflix segue a ser escasa, apenas o 0,5 %, malia que nos dous últimos anos se duplicaron os contidos nesta lingua, ao pasar dos 3512 do 2020 aos 6034.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Generalitat propón que os centros educativos determinen os criterios para organizar a aprendizaxe de linguas en función da contorna

A Generalitat de Cataluña propón, no borrador do decreto de currículos, que sexan os centros educativos cataláns os que establezan os criterios para organizar a aprendizaxe de linguas tendo en conta a composición lingüística do alumnado e da contorna.

Fonte: El Economista

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder