España

O Concello de Ribadesella debate a oficialidade da lingua asturiana

O pleno ordinario inclúe unha moción que propón reiterar o compromiso municipal coa lingua asturiana, para que os partidos que forman parte da Corporación voten a favor ou en contra da súa oficialidade.

Fonte: COPE

Asturias

Recorren a bolsa de emprego para cubrir interinidades de policías locais por esixir o nivel B2 de éuscaro

O sindicato CC. OO. presentou un recurso contra a bolsa de emprego para cubrir interinidades nas distintas policías locais porque incumpre a normativa lingüística, xa que esixe o nivel B2 de éuscaro.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Os Gobernos vasco e navarro e a Oficina Pública da Lingua Vasca renovan o protocolo para seguir colaborando na promoción do éuscaro

Representantes das tres institucións renovaron o protocolo de colaboración, que estará en vigor no período 2021-2025, para seguir traballando na promoción do éuscaro, co obxectivo de garantir a presenza desta lingua na educación, o lecer, o ámbito socioeconómico, o deporte ou a investigación.

Fonte: Gobierno Vasco

Xeral

Os responsables de Política Lingüística de Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana acordan impulsar o catalán no sector audiovisual

Os responsables de Política Lingüística dos tres territorios acordaron coordinar e desenvolver conxuntamente accións para promover o catalán no eido audiovisual, así como impulsar esta lingua nas tecnoloxías da linguaxe e na intelixencia artificial, entre outros acordos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Nace unha web para que o alumnado universitario de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana presenten as súas queixas lingüísticas

Baixo o lema "La universitat, en català!", púxose en marcha unha nova campaña que ten como obxectivo facilitar as denuncias por vulneración dos dereitos lingüísticos nas universidades dos territorios de fala catalá.  

Fonte: Plataforma per la Llengua

Xeral

O Parlamento balear aproba que se garanta a atención en catalán para dirixirse á Administración estatal

O Parlamento balear aprobou unha proposta para solicitar que a cidadanía do arquipélago poida empregar o catalán ao dirixirse á Administración Xeral do Estado, unha medida que busca garantir os dereitos lingüísticos da poboación.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Congreso aproba que asturiano e aragonés poidan optar ás subvencións e premios que convoque o Ministerio de Cultura

O aragonés e o asturiano poderán optar ás subvencións e aos premios que convoque o Estado grazas a unha proposición non de lei aprobada pola Comisión de Cultura do Congreso. Malia non estaren recoñecidas como oficiais, ambas gozan de especial protección nos respectivos estatutos de autonomía e na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Fonte: El Periódico de Aragón

Xeral

O Consello da Cultura Galega e os institutos Etxepare e Ramon Llull promoven unha residencia de tradución poética

O proxecto de Residencia de tradución de poesía está destinado a tradutores emerxentes e consolidados de poesía en catalán, galego e éuscaro a polo menos unha destas linguas. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar un intercambio entre as persoas seleccionadas ao tempo que desenvolven un proxecto de tradución individual.

Fonte: Consello da Cultura Gallega

Xeral

A Radiotelevisión do Principado de Asturias emitiu un 10 % da programación en asturiano no primeiro semestre do ano

Segundo o director xeral en funcións da RTPA, no primeiro semestre do ano este ente emitiu en asturiano case 350 horas, o que supón un 10 % da programación.  

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Tribunal Administrativo de Navarra anula a esixencia do coñecemento de éuscaro para varios postos do Concello de Zizur Mayor

A anulación da esixencia de coñecemento de éuscaro no cadro de persoal do Concello de Zizur Mayor afecta aos postos de secretaría, técnico de xuventude e operario de obras.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder