España
O Goberno vasco defende que as actividades extraescolares se desenvolvan en éuscaro
Co obxectivo de que o alumnado alcance o dominio do éuscaro e o castelán, o Goberno vasco avoga por que cada vez se ofrezan máis actividades extraescolares en lingua vasca.
Fonte: Deia
Barcelona acolle a celebración da 39ª edición da Semana do Libro en Catalán
Do 10 ao 19 de setembro celébrase a Semana do Libro en Catalán con múltiples actividades cuxo obxectivo é fomentar a lectura nesta lingua para todo tipo de públicos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Navarra inicia a recollida de información para unha enquisa sociolingüística sobre o éuscaro

O Goberno de Navarra iniciou os traballos para a VII Enquisa Sociolingüística de Navarra, que recollerá datos sobre o coñecemento do éuscaro, a súa transmisión, o seu uso en diferentes ámbitos sociais e as actitudes ante a súa promoción.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno navarro publica unha guía de atención a pacientes en éuscaro para profesionais da atención primaria

O Goberno de Navarra proporciónalle así ao persoal de Atención Primaria unha guía orientativa coa que mellorar a atención en éuscaro á cidadanía que inclúe expresións e vocabulario básico nesta lingua, así como conversas habituais e un dicionario terminolóxico.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Tribunal Constitucional analizará a legalidade do uso exclusivo do éuscaro nos concellos vascos
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco solicitou que sexa o Tribunal Constitucional quen determine a constitucionalidade do artigo 6.2 da Lei de institucións locais de Euskadi, xa que considera que lle concede ao éuscaro unha "supremacía exorbitante" respecto ao castelán.
Fonte: El Diario
O Concello de Bilbao e Euskaltzaindia renovan a súa colaboración para fomentar a normalización do éuscaro na cidade
O Concello de Bilbao e Euskaltzaindia asinaron un convenio de colaboración para fomentar o uso do éuscaro na cidade. Trátase dun acordo, que ambas as institucións renovan anualmente, polo que a Real Academia da Lingua Vasca apoia o consistorio en tarefas como asesoramento lingüístico, organización de actividades etc.
Fonte: Bizkaiagaur
A Mancomunidade de Uribe Kosta impulsa unha iniciativa para fomentar o emprego do éuscaro entre as familias
A Mancomunidade de Uribe Kosta puxo en marcha 'Euskaraz Olgetan', unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso e o coñecemento do éuscaro entre as familias a través de xogos, espectáculos e obradoiros.
Fonte: El Correo
Publícase o primeiro dicionario sobre o galego de Asturias

O profesor e investigador Carlos Xesús Varela Aenlle é o responsable do primeiro Dicionario do galego de Asturias, unha iniciativa que recolle o vocabulario de 18 concellos do Eo-Navia.
Fonte: Nós Diario
Oviedo acollerá unha manifestación para reclamar a oficialidade da lingua asturiana
O 16 de outubro está convocada unha manifestación en Oviedo para reclamar a oficialidade da lingua asturiana aproveitando o anuncio do presidente do Principado de reformar o Estatuto de Autonomía.
Fonte: Onda Cero
O Concello de Bilbao impulsa unha campaña para fomentar a aprendizaxe do éuscaro
O Concello de Bilbao puxo en marcha unha campaña que, baixo o lema 'Euskaraz Gehiago Gara', busca impulsar a matriculación nos euskaltegis da cidade durante o curso 2021-2022.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín