España

O Consello de Europa pide o recoñecemento do leonés no sistema educativo de Castela e León

No seu último informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, o Consello de Europa afirma que é necesario incluír o leonés na educación, xa que se atopa nunha situación vulnerable debido á falta de promoción desta lingua por parte das institucións correspondentes.

Fonte: Zamora News

Castela e León

Organízanse talleres de formación en catalán para as persoas con dificultade de inserción sociolaboral en Mallorca

Os talleres están formados por dous cursos en catalán de 40 horas e céntranse en alfabetización, comunicación oral e coñecementos básicos desta lingua. Tamén se realizarán actividades para que o alumnado coñeza mellor a realidade social e cultural que o rodea e facilitar a súa integración.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

Un estudo sobre os usos lingüísticos na asistencia sanitaria en Cataluña mostra que o catalán é máis frecuente no persoal sanitario de máis idade

O estudo, levado a cabo pola Sociedade Catalá do Dicionario Enciclopédico de Medicina e a Fundación Dr. Antoni Esteve, coa colaboración do Departamento de Cultura e do Departamento de Saúde, afirma que o 65 % do persoal médico e de enfermería utiliza o catalán de maneira habitual cos pacientes e que os profesionais máis novos utilizan máis o castelán no día a día e nos documentos médicos.

Fonte: Generalitat de Catalunya 

Cataluña

Elhuyar e a Fundación PuntuEUS colaboran para fomentar o uso do éuscaro en internet

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Internet, Elhuyar e a Fundación PuntuEUS aproveitan a intelixencia artificial para reforzar a presenza do éuscaro na rede a través da creación de ferramentas para traducir páxinas web a esta lingua.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeita a obrigatoriedade do coñecemento do éuscaro por parte da Policía Local de Irun

A sentenza do tribunal declara que non é preciso que a totalidade dos axentes coñeza o éuscaro para garantir a comunicación coa cidadanía que se dirixa a eles nesta lingua.

Fonte: EITB

País Vasco

A Deputación de Biscaia, o Goberno vasco e a Fundación Labayru renovan o seu acordo institucional para divulgar o éuscaro

Este convenio, renovado para unha duración de catro anos, financiará programas lexicográficos e aqueles que teñen como obxectivo impulsar o corpus do éuscaro biscaíño. Ademais, colaborarase na formación de persoal investigador en materia lingüística para promover o desenvolvemento e a actualización dos valores da cultura vasca.

Fonte: Goberno vasco

País Vasco

A Generalitat publica un manual para promover a aprendizaxe do aranés

A publicación do manual Aprenem aranès des del català ofrece un primeiro contacto de nivel básico co aranés para coñecer, escoitar e comezar a practicar esta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A presenza do catalán avanza en Netflix grazas ao éxito da estrea da película “La família Mitchell contra les màquines”

A Plataforma pola Lingua espera que a estrea da versión catalá do filme La família Mitchell contra les màquines no catálogo de Netflix sirva de exemplo para ampliar a oferta de obras audiovisuais en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Celébrase o Día das Letras Asturianas cunha maior repercusión

A conmemoración do Día das Letras Asturianas está cada vez máis presente nos medios de comunicación e nas redes sociais, onde se poden ler continuas referencias a esta xornada.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O anuario de 2020 da Fundación Bofill recoñece un maior coñecemento do catalán por parte da mocidade

No seu anuario de 2020 sobre o estado da educación en Cataluña, a Fundación Bofill destaca a achega do sistema educativo ao catalán ao longo dos anos, que repercute nun maior coñecemento da lingua por parte da xuventude, incluíndo a de orixe inmigrante.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder