España
As colonias de verán Ikusika fomentarán o uso do éuscaro entre o alumnado de 5º e 6º de primaria

As colonias Ikusika levaranse a cabo entre o 5 e o 16 de xullo no Bilbao Exhibition Centre (BEC) de Barakaldo. Esta iniciativa pioneira ten como obxectivo impulsar o emprego do éuscaro nun ambiente lúdico e de lecer entre o alumnado de primaria.
Fonte: Gobierno Vasco
Preséntase “Fils de conversa”, un novo material interactivo para practicar o catalán

“Fils de conversa” é unha ferramenta interactiva para practicar o catalán posta en marcha pola Dirección Xeral de Política Lingüística á que se pode acceder desde calquera dispositivo. Está dirixida aos participantes do Voluntariado pola Lingua, ao profesorado e ao alumnado de catalán, así como a calquera persoa que desexe aprender esta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Valencia pon en marcha unha campaña para impulsar o emprego do valenciano na rúa
Baixo o lema ‘València en valencià’, o Concello de Valencia lanza a través das redes sociais esta campaña co cancelo #EnValenciàVLC co obxectivo fomentar o uso do valenciano en todos os barrios da cidade e en todas as franxas de idade.
Fonte: La Vanguardia
O colectivo Netflix Euskaraz recolle máis de 10 000 sinaturas para pedir que Netflix inclúa contidos en éuscaro

Netflix Euskaraz, que xa conseguiu superar as 10 000 sinaturas para solicitarlle a Netflix que incorpore contidos en éuscaro, vai prolongar a súa campaña de recollida de apoios ata decembro, co obxectivo de alcanzar as 20 000 firmas.
Fonte: GasteizBerri
A canle de YouTube da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña incorpora novos vídeos e ferramentas
A renovación desta canle de YouTube incorpora novas listas de reprodución temáticas e ofrece os contidos de forma organizada e xerarquizada para facilitar a procura de vídeos e mellorar a presentación. Ofrece máis de 800 vídeos de ámbitos como o cine en catalán, recursos lingüísticos, campañas de sensibilización etc.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Valencia presenta a súa nova campaña de promoción lingüística
Esta nova iniciativa impulsada desde a Deputación de Valencia consiste nun vídeo que leva por título ‘Allà on naix la música’ e que contén o vocabulario das bandas de música.
Fonte: El Periòdic
Jaca acolle unha reunión do proxecto europeo Poctefa Linguatec para abordar as ferramentas dixitais desenvolvidas para o aragonés
Os integrantes do programa europeo Poctefa Linguatec organizaron un obradoiro de transferencia de coñecementos no que se abordaron as ferramentas dixitais desenvolvidas para o aragonés.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Unha páxina web, impulsada polo Goberno de Navarra, recompila cancións para a aprendizaxe do éuscaro

Esta páxina web, creada polo Departamento navarro de Educación, está dirixida ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria dos modelos A e D, e de centros de ensino de éuscaro para persoas adultas. Esta ferramenta facilitaralles o uso nas clases de cancións dispoñibles en Internet, máis de 350, clasificadas por temática.
Fonte: Gobierno de Navarra
A Generalitat de Cataluña convoca axudas de fomento do catalán para entidades sen ánimo de lucro
O Departamento de Cultura abriu o prazo de solicitude de axudas para proxectos de fomento do catalán dirixidas a entidades sen ánimo de lucro. Destinarase a esta liña de subvencións un orzamento de 550 000 euros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco aproba os criterios de uso das linguas oficiais

Os «Criterios de uso das linguas oficiais no Goberno vasco» teñen como obxectivo fomentar e facilitar o emprego do éuscaro nas actividades internas e externas da Administración.
Fonte: Gasteiz Berri
Boletín
Subscríbase ao boletín