España
Piden impulsar unha política lingüística en Canarias para preservar a fala do arquipélago
O grupo parlamentario de Nueva Canarias aposta por impulsar unha política lingüística que preserve e impulse a fala das illas. Neste sentido, insta o Goberno canario a desenvolver o artigo do Estatuto que fala da defensa, promoción e estudo do español do arquipélago como variedade lingüística do español atlántico.
Fonte: 20minutos
O Consello de Europa recomenda que o aragonés e o catalán se inclúan no Estatuto de Autonomía de Aragón
O comité de especialistas sobre protección de linguas minoritarias do Consello de Europa solicitoulle ao Estado español que as linguas aragonesa e catalá se inclúan no Estatuto de Aragón, que se incorporen a todos os niveis educativos e que se impulse o seu uso na Administración.
Fonte: AraInfo
O Goberno navarro destina 80 000 euros ao estudo e difusión do éuscaro
O Goberno de Navarra vai concederlles axudas por un valor total de 80 000 euros a Eusko Ikaskuntza e á Asociación Soziolinguistica Klusterra. A primeira recibirá 55 000 euros mentres que no caso da segunda serán 25 000, unhas subvencións que axudarán á realización de actividades de recuperación e normalización do éuscaro.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de Valencia lanza unha liña de axudas para fomentar o uso do valenciano no comercio
Trátase da segunda edición desta liña de axudas coas que se pretende impulsar o uso do valenciano nos establecementos comerciais de Valencia. A dotación orzamentaria ascende a 47 500 euros e cada empresa poderá recibir ata 2000.
Fonte: La Vanguardia
Unha nova web ofrece información sobre o aranés en cada un dos municipios de Arán

Esta nova web, impulsada polo Departamento de Cultura da Generalitat, ofrece os principais indicadores demográficos, sociolingüísticos e de política lingüística de cada un dos nove municipios de Arán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia rexistra 1229 incidencias respecto ao uso do éuscaro
Segundo os datos do Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia, dende que se declarou a pandemia o número de incidencias respecto ao emprego do éuscaro incrementouse un 66,7 %.
Fonte: Noticias de Navarra
A Generalitat de Cataluña destinará unha liña de axudas á creación de podcasts culturais en catalán

Esta nova liña de axudas, dotada cun orzamento de 120 000 euros, está destinada a apoiar a creación ou a continuidade de proxectos de podcasts en catalán ou occitano que traten temas relacionados coa cultura.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A aplicación 061 Salut Respon xa está dispoñible en lingua de signos catalá
As persoas xordas de Cataluña xa poden contactar co 061 Salut Respon a través dunha videochamada que atenderán intérpretes de lingua de signos catalá. Así mesmo, a nova aplicación incorpora outras funcionalidades, como un chatbot e un apartado de preguntas frecuentes sobre a covid-19.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Castelló pasa a formar parte da Rede Pública de Servizos Lingüísticos Valencianos
O Concello de Castelló participou por primeira vez na reunión da Rede Pública de Servizos Lingüísticos Valencianos o que lle abre a porta á realización de accións de apoio ao valenciano desde moitos máis ámbitos.
Fonte: El Periòdic
O Consell de Menorca convoca axudas destinadas ao fomento do catalán en empresas e asociacións
O Consell de Menorca, co obxectivo de impulsar o uso do catalán en empresas, asociacións e entidades deportivas da illa, destinará 40.000 euros en 2021 a apoiar a edición de libros, música e vídeos nesta lingua, así como a rotulación dos establecementos, a etiquetaxe ou as páxinas web.
Fonte: Menorca.Info
Boletín
Subscríbase ao boletín