España
Un novo material didáctico explícalle ao alumnado de galego do Bierzo a importancia desta lingua na identidade da comarca

Alumnado do programa de promoción do galego no Bierzo recibirá un novo material didáctico, para utilizar nas aulas, que explica como esta lingua constitúe un dos trazos máis significativos da identidade berciana ao longo dos tempos.
Fonte: InfoBierzo
A Deputación Foral de Biscaia ofrécelle ao seu persoal un programa para practicar éuscaro por medios telemáticos
A Deputación Foral de Biscaia organizará unha segunda edición do programa Berbanet, para que o seu persoal teña a posibilidade de practicar éuscaro a través de medios telemáticos co obxectivo de que mellore a fluidez e consolide o hábito de falar esta lingua.
Fonte: Deia
Unha nova web agrupa plataformas nas que se poden atopar audiolibros en catalán

A Generalitat de Cataluña pon a disposición de lectoras e lectores unha nova páxina web que agrupa as plataformas onde se poden atopar audiolibros en catalán co obxectivo de visibilizar a oferta dispoñible e fomentar o seu consumo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Dez formacións políticas subscriben un documento para reclamar a igualdade das linguas propias diferentes do castelán
Dez formacións políticas presentan no Congreso unha iniciativa que ten como obxectivo acadar o recoñecemento da realidade plurilingüe do Estado español, poñer fin á imposición do castelán e rematar con todo tipo de discriminación lingüística.
Fonte: Naiz
O Goberno de Navarra convoca axudas para a promoción do éuscaro nos medios de comunicación e o contorno dixital
Estas axudas, que contan cunha dotación orzamentaria de 920.912 euros, están destinadas á promoción do uso do éuscaro nos medios de comunicación, e para impulsar o proceso de dixitalización destes.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno de Navarra organiza un curso de éuscaro en catro centros de Arxentina
O Goberno Foral organizou un curso de éuscaro de nivel A1 en liña no que participan 19 persoas de Arxentina e de Uruguai. Trátase dunha iniciativa solicitada polos catro centros navarros de Bos Aires, Rosario, Bolívar e Mendoza.
Fonte: 20minutos
Celébrase o Día da Lingua e a Cultura Valencianas
Un evento conmemora a celebración da XXXIII edición do Día da Lingua e a Cultura Valencianas con motivo do 40 aniversario das Normas de El Puig.
Fonte: Las Provincias
O Goberno de Aragón destinará 30 000 euros a actividades de promoción das linguas minoritarias
No marco do convenio de colaboración do Goberno de Aragón e a Universidade de Zaragoza, o Executivo destinará unha partida económica de 30 000 euros á Cátedra Johan Fernández d´Heredia, de linguas propias de Aragón e patrimonio inmaterial aragonés.
Fonte: Heraldo
Máis de 1100 persoas da comarca de Buruntzaldea xa sacaron o carné de conducir en éuscaro
Os seis concellos que forman a comarca de Buruntzaldea (Urnieta, Andoain, Astigarraga, Hernani, Lasarte-Oria e Usurbil) levan anos traballando coas autoescolas para animar o alumnado destas a que saquen o carné B1 en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
Convócanse as bolsas Berdintzen para investigacións sobre o éuscaro e a igualdade de xénero
O Goberno vasco pon en marcha o programa Berdintzen 2021 para a realización de estudos sobre o éuscaro e a igualdade de xénero. En total convoca catro bolsas de 7500 euros cada unha.
Fonte: Gobierno Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín