España

Póñense en marcha un ano máis os encontros para mozas e mozos dos municipios euscaldúns

Estes encontros, para os que acaba de abrirse o prazo de inscrición, celebraranse do 28 de xuño ao 4 de xullo. O seu obxectivo é sensibilizar, concienciar e converter a xente nova en axentes activo arredor do éuscaro.  

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A Generalitat de Cataluña impulsa o catalán, o aranés e a lingua de signos catalá mediante varias liñas de axudas

Cunha partida orzamentaria de 3,7 millóns de euros, Política Lingüística convoca oito liñas de axudas que teñen como obxectivo impulsar a presenza do catalán no sector tecnolóxico, a tradución de obras non literarias ou os produtos audiovisuais, entre outros. Así mesmo, dedicará dúas liñas específicas ao aranés e á lingua de signos catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Parlamento balear solicita un aumento das horas de emisión en catalán en TVE

O Parlamento balear insta o Goberno estatal e RTVE a ampliar as desconexións territoriais e a que se emita no arquipélago toda a programación en catalán que agora está restrinxida a Cataluña.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Volve o programa Ràdio-activitat para fomentar o uso do valenciano entre os escolares

A iniciativa Ràdio-activitat tivo que suspenderse pola covid-19 e agora retómase co obxectivo de fomentar o valenciano nos centros educativos a través dun programa radiofónico.   

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

Preséntanse os resultados de dous estudos sobre o futuro do aragonés

Especialistas da Universidade de Zaragoza presentaron dúas investigacións sobre o futuro do aragonés: unha dedicada á mocidade altoaragonesa e a lingua materna, e outra sobre os distintos actores implicados na supervivencia deste idioma.

Fonte: AraInfo

Aragón

Avilés fomenta o uso do asturiano entre os máis pequenos

Entregarase nas tres escolas infantís municipais unha serie de xogos para que os pequenos de ata tres anos se familiaricen con vocabulario en asturiano sobre as partes do corpo humano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Goberno de Cataluña mellorará a plataforma de aprendizaxe en liña de catalán Parla.cat

O Goberno destinará 1.111.990 euros a transformar tecnoloxicamente a plataforma de aprendizaxe en liña do catalán Parla.cat, o permitirá que sexa operativa en dispositivos móbiles, teléfonos e tabletas, ademais de, como ata agora, en ordenadores.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Propoñen na Comunidade Valenciana o impulso dun pacto pola igualdade lingüística

O sindicato Intersindical Valenciana propuxo un pacto pola igualdade lingüística para garantir unha auténtica equidade en todos os ámbitos sociais, xa que, segundo apuntan nun comunicado, cómpre un consenso para avanzar no proceso de recuperación e normalización lingüística do valenciano.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

Celébrase en Xixón un concurso para promover o uso do asturiano no que resultan premiadas tres exposicións en formato breve sobre diferentes temas

“Xixón fala en 3” é o nome dun concurso no que participaron 25 persoas cuxo obxectivo era convencer o xurado en tres minutos da súa capacidade de oratoria e o seu nivel de asturiano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Demandan maior protección para a lingua leonesa

A asociación Nós Terra Maire apoia a protección e a difusión do patrimonio lingüístico e lamenta nun comunicado dirixido aos gobernos central e autonómico o incumprimento da lexislación nesta materia.

Fonte: Zamora 24 Horas

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder