España

Máis dun milleiro de alumnos estuda galego na comunidade de Castela e León

Máis dun milleiro de alumnos estuda galego en 17 centros educativos de primaria e secundaria do Bierzo, en León, e de Sanabria, en Zamora, ademais da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, no marco dun programa de colaboración entre as comunidades de Galicia e Castela e León para a promoción desta lingua nos centros de ensino non universitario dos territorios limítrofes.

Fonte: Galicia Confidencial

Castela e León

Doce novos títulos da literatura universal incorpóranse á listaxe de obras traducidas ao aranés

A colección de clásicos traducidos ao aranés iniciouse en 2019 e a ela incorpóranse agora doce novos títulos que se poden descargar de balde na web do Institut d’Estudis Aranesi-Acadèmia aranesa dera lengua occitana.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Parlamento balear aproba unha proposición non de lei que recoñece a unidade da lingua catalá

A proposición non de lei, presentada por Més per Menorca, recoñece a unidade do catalán, sen que isto supoña un menosprezo doutras denominacións existentes para esta lingua.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Comeza un novo curso en liña de iniciación á lingua e á cultura occitanas

O novo curso básico en liña de iniciación á lingua e á cultura occitanas ten unha duración de trinta horas nas que se combinarán sesións por videoconferencia e o apoio a través dunha aula virtual.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

As academias galega, vasca e catalá reivindican a diversidade lingüística como riqueza

A Real Academia Galega, a Euskaltzaindia e o Institut d'Estudis Catalans fan pública unha declaración que ten como obxectivo contribuír a aclarar o debate público acerca da presenza das linguas na educación e no conxunto da realidade social.

Fonte: Real Academia Galega

Xeral

Bota a andar unha nova proposta lúdica de soporte ao uso oral do catalán para persoas que aprenden esta lingua

A Dirección Xeral de Política Lingüística, no marco da campaña “Quan parles, fas màgia”, creou unha serie de vídeos de apoio ao dominio do uso oral do catalán dirixidos ás persoas que están a aprender esta lingua e que desexen practicala.

Fonte: Generalitat de Catalunya

País Vasco

O Goberno vasco impulsa o programa Berdintzen 2021 para a realización de estudos sobre o éuscaro e a igualdade de xénero

Ao abeiro do programa Berdintzen 2021 para a realización de estudos sobre o éuscaro e a igualdade de xénero, que conta cun orzamento de 30 000 euros, entregaranse catro bolsas de 7500 euros cada unha.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Concello de Bilbao pon en marcha unha nova edición do seu programa de lecer en éuscaro Ikusi eta Ikasi

O programa de lecer en éuscaro Ikusi eta Ikasi está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos e ás súas familias. En total, ofreceranse 22 obradoiros de música, actividade física ou traballos manuais, entre outros.

Fonte: Deia

País Vasco

Un volume recompila as dúbidas máis frecuentes do catalán resoltas polo servizo Optimot

O libro 101 dubtes del català resolts per l’Optimot foi elaborado a partir das fichas do servizo de consultas lingüísticas Optimot e ten como obxectivo axudar a resolver as dúbidas máis frecuentes de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico do catalán.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Palma presenta o seu Servizo de Dinamización Lingüística

O Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma conta con dúas dinamizadoras socioculturais e unha coordinadora, e dispón dun orzamento de 120 000 euros. Con este proxecto búscase garantir o dereito da cidadanía de coñecer a lingua catalá e impulsar o seu uso.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder