España
Unha publicación recolle as palabras aragonesas que forman parte do Dicionario da lingua española
Diccionario de aragonesismos de la lengua española é unha publicación que ten como obxectivo dar a coñecer máis de 750 palabras ou usos lingüísticos aragoneses. Nela omítense as marcas xeográficas que constan no dicionario académico, pois todas as voces son aragonesas.
Fonte: La Región Internacional
A Dirección Xeral Política Lingüística de Cataluña subtitulou ou dobrou ao catalán máis de 1600 contidos audiovisuais no ano 2020
Ao longo do ano 2020 dobráronse ou subtituláronse en catalán máis de 1600 contidos co apoio da Generalitat de Cataluña. Por poñer algún exemplo, colaborou con 33 distribuidoras que estrearon 93 películas nesta lingua; así mesmo, apoiou contidos distribuídos en plataformas en liña e en formatos físicos (DVD e Blu-ray).
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os dous concellos que forman o enclave de Treviño desenvolverán un plan para fomentar o éuscaro
Os concellos de La Puebla de Arganzón e de Condado de Treviño aprobaron o Plan estratéxico do éuscaro, un documento co que pretenden impulsar esta lingua no enclave a través de cinco eixes: uso social, novos falantes, educación, administración e xestión.
Fonte: Diario de Burgos
A RAE elixe “confinamiento” como palabra do ano

A Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Real Academia Española (RAE), escolleu “confinamiento” como palabra do ano 2020 en español. A RAE xa actualizou o significado desta palabra no seu dicionario.
Fonte: FundéuRAE
O Centro de Terminoloxía Asturiana publica un manual de botánica
O Centro de Terminoloxía Asturiana (TermAst) da Academia da Lingua Asturiana publicou unha nova proposta terminolóxica. Trátase do manual Terminoloxía de Botánica, de Bertu Ordiales.
Fonte: 20 minutos
"Coronavirus" convértese no neoloxismo do ano en lingua catalá

O Observatorio de Neoloxía da Universidade Pompeu Fabra e o Instituto de Estudos Cataláns escolleron "coronavirus" como neoloxismo do ano 2020 en catalán.
Fonte: Catalunya Ràdio
Iniciativa pol Asturianu lamenta que Felipe VI non empregase a lingua asturiana no seu discurso de Nadal
A asociación Iniciativa pol Asturianu criticou que a lingua asturiana non estivese presente no discurso que o rei Felipe VI pronunciou este Nadal.
Fonte: La Voz de Asturias
O Goberno de Cataluña asinará un convenio co colexio de avogados para impulsar o uso do catalán na Xustiza
Mediante o convenio asinado entre a Generalitat e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) preténdese fomentar o uso do catalán na xustiza gratuíta e garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía que precise atención nun proceso xudicial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno español creará unidades nos ministerios para favorecer o emprego das linguas oficiais autonómicas

Co obxectivo de impulsar o uso das linguas oficiais autonómicas dentro da Administración Xeral do Estado (AGE), os ministerios contarán con unidades nas que se designará unha persoa como interlocutora coa Oficina de Linguas.
Fonte: El Diario
Un folleto recolle máis de 200 topónimos en catalán de Aragón do municipio de Cretas

O Goberno de Aragón e a comarca do Matarraña, en colaboración co Concello de Cretas, editan un folleto con máis de 200 topónimos da localidade, nomes autóctonos en catalán de Aragón, co obxectivo de conservar e protexer un patrimonio lingüístico e cultural en risco de desaparecer.
Fonte: La Comarca
Boletín
Subscríbase ao boletín