España
A Generalitat de Cataluña convoca una liña de axudas que busca fomentar o uso das linguas no ámbito universitario

As axudas Interlingua 2021, para as que a Generalitat destina unha partida de 611 779 euros, teñen como obxectivo impulsar proxectos que fomenten o uso das linguas no ámbito universitario, xa sexa catalán, occitano ou lingua de signos catalá, ou outras como o inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Sistema de Indicadores do Éuscaro renova a súa paxina web para facer máis sinxela a súa consulta

O Sistema de Indicadores do Éuscaro (EAS), impulsado polos gobernos vasco e navarro, Euskararen Erakunde Publikoa e as tres deputacións forais vascas, acaba de renovar a súa web para que as persoas usuarias poidan consultar os datos dun xeito máis sinxelo, así como outros contidos, como vídeos, documentos, noticias etc.
Fonte: 20minutos
A publicación dixital en catalán VIA Empresa gaña o Premio Lingua Nacional
O diario dixital VIA Empresa, dedicado ao sector económico e empresarial e escrito en catalán, resultou gañador da terceira edición do Premio Lingua Nacional que outorga a Asociación Lingua Nacional e que conta co apoio da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca contrata dous estudos sobre o catalán nos medios e na mocidade
A contratación destes dous estudos a especialistas, que recibirán un máximo de 8954 euros, ten como obxectivo fomentar a investigación e aumentar a documentación lingüística circunscrita ao ámbito de Mallorca.
Fonte: 20minutos
Demandan máis oferta de éuscaro nas escolas infantís de Pamplona
Familias de alumnado de escolas infantís de Pamplona, agrupadas na plataforma Haur Eskoletako Gurasoak, reclaman máis oferta de éuscaro nestes centros, unha queixa que farán chegar ao Departamento de Educación do Goberno de Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
A aplicación Lacompra recibe o galardón á mellor xestión en lingua e comunicación nas TIC dos Premios E-TECH 2020
O Premio á mellor xestión en lingua e comunicación, unha das categorías dos Premios E-TECH 2020, foi para a empresa Interactiu, responsable de desenvolver a aplicación Lacompra, polo uso do catalán en todas as interaccións que ofrece esta ferramenta para a compra por internet.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Máis de 700 profesionais da sanidade asinan un manifesto de apoio á atención médica en valenciano

Máis de 700 profesionais sanitarios asinaron polo momento o manifesto da campaña «Sanitat en valencià», no que solicitan que se garanta a atención médica en valenciano. Para quen queira sumarse á iniciativa creouse a páxina web www.sanitatenvalencia.org.
Fonte: Levante-EMV
O Goberno de Cataluña aproba o Decreto que regula a toponimia en catalán e aranés
O novo Decreto de toponimia, que actualiza a normativa vixente ata agora, regula o establecemento e a revisión dos nomes de lugar, o uso dos topónimos cataláns e araneses, e tamén a Comisión de Toponimia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Silla pon en marcha unha nova campaña para fomentar o uso do valenciano e reducir a contaminación
O Concello de Silla organizou unha campaña que ten como finalidade promover o uso do valenciano e contribuír ao coidado do medio evitando a xeración de residuos. Para iso deseñáronse unhas máscaras para combater a covid-19, que aguantan oitenta lavados, coa mensaxe “Trau la llengua. Viu en valencià”.
Fonte: Comarcal CV
Preséntanse os resultados da Enquisa de usos lingüísticos 2018 da cidade de Barcelona

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos 2018 a maioría da poboación barcelonesa maior de 14 anos entende (93,4 %), e sabe ler (85,3 %), falar (78,7 %) e escribir (60,6 %) en catalán. Estes datos mostran que, se ben a cidade de Barcelona se sitúa por debaixo da media catalá, está por riba con respecto á área metropolitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín