España
O Goberno Vasco reserva o 40 % das prazas de Medicina ás persoas que falen éuscaro
A Universidade do País Vasco reserva un 40 % de prazas da carreira de Medicina a alumnado que fale éuscaro. Segundo a Consellería de Educación, a normativa esixirá un nivel B2 de éuscaro para acceder a esa porcentaxe de prazas reservadas.
Fonte: Redacción médica
Un total de case 2500 persoas participou no Día do Éuscaro
O Día do Éuscaro de Irún rexistrou a participación dunhas 2485 persoas. Tamén se sumaron ao evento grandes empresas da cidade, así como concellos e deputacións forais.
Fonte: Diario Vasco
O TERMCAT pecha o ano con 7 novos dicionarios e 15 actualizacións de obras anteriores
O Servizo de Terminoloxía de Cataluña (TERMCAT) que regula os usos terminolóxicos da lingua catalá publicou no que vai de ano 7 novos dicionarios e 15 actualizacións de obras lexicográficas anteriores.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha asociación pide que o Rei Felipe VI empregue tamén o asturiano no discurso de Nadal
A plataforma Iniciativa pol Asturianu demandou que o Rei Felipe VI empregue o asturiano, xunto ás outras linguas do Estado, no discurso de Nadal.
Fonte: 20 minutos
A era dixital pode ser un obstáculo para a supervivencia das linguas minorizadas
Un grupo de expertos defendeu que a irrupción das novas tecnoloxías e o crecente uso de Internet poden ser un obstáculo para a supervivencia das linguas que non consigan dotarse dos mecanismos para ter presenza no mundo dixital.
Fonte: El Economista
O Consello Social da Lingua Catalá reúnese para analizar os proxectos en materia de política lingüística do Goberno de Cataluña

A Comisión Permanente do Consello Social da Lingua Catalá reuniuse co obxectivo de abordar as actuacións en materia de política lingüística do Goberno de Cataluña, con especial atención aos proxectos relacionados co ensino do catalán a persoas adultas e o seu uso no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno balear aproba un decreto sobre a utilización das linguas oficiais na Administración pública
O Goberno das illas Baleares aprobou o Decreto sobre o uso das linguas oficiais na Administración pública balear que ten como obxectivo regular os usos institucionais e administrativos do castelán e o catalán no arquipélago.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade do País Vasco aproba o III Plan director do éuscaro para o período 2018-2022

Este plan ten como obxectivo aumentar a presenza e o uso do éuscaro en todos os ámbitos universitarios, así como ofrecer todas as materias obrigatorias nesta lingua. Perséguese así incrementar a cantidade de material docente e os recursos lingüísticos en éuscaro, e o número de teses de doutoramento internacionais e a repercusión das revistas científicas e as coleccións neste idioma.
Fonte: Deia
O Concello de Pamplona organiza un obradoiro para promover a creación de libros ilustrados en éuscaro

O Concello de Pamplona organiza ‘Biko-teka’, un obradoiro de ilustración e narración para crear libros ilustrados en éuscaro que se desenvolverá entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2019.
Fonte: Pamplona Actual
Nace un novo videoxogo infantil en éuscaro
Monike eta Joanes Antzinako Egipton é o nome deste novo proxecto, un dos poucos videoxogos narrativos que existen en éuscaro que trata as aventuras de dous nenos dentro da Gran Pirámide de Exipto.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín