España

Só o 0,04 % dos orzamentos do Principado para 2019 estará destinado á promoción do asturiano

O proxecto de orzamentos para 2019 do Goberno do Principado destina unha partida para promoción do asturiano que ascende a 1 703 630 euros, o que converte a Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización no departamento con menos orzamento de toda a Administración.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Donostia acolle a presentación de Modela, un tradutor automático de éuscaro desenvolvido con intelixencia artificial

Xa está dispoñible a través de internet Modela, unha nova ferramenta creada por catro centros tecnolóxicos de Euskadi, a Universidade do País Vasco e a empresa Mondragon Lingua. Trátase do mellor tradutor automático de éuscaro desenvolvido ata o momento, pois para a súa creación empregáronse técnicas da máis innovadora intelixencia artificial.

Fonte: Deia

País Vasco

O Concello de Xixón organiza un concurso para impulsar o uso do asturiano

A Oficina de Normalización Lingüística de Xixón organiza o concurso ‘Xixón Fala en 3’ que  ten como obxectivo fomentar o emprego do asturiano sobre calquera temática.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Huesca acolle unha exposición para dar a coñecer o patrimonio lingüístico aragonés

A mostra “El aragonés, un patrimonio común” poderá verse en Huesca ata o vindeiro 3 de xaneiro, para logo trasladarse a outras localidades. Con esta exposición itinerante preténdese, por unha banda, dar a coñecer o pasado e o presente do aragonés e, por outra, fomentar o respecto e o recoñecemento da diversidade cultural e lingüística de Aragón.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

A plataforma Mintzanet premia os usuarios que fomentan o uso do éuscaro

Mintzanet celebrou a quinta edición dos premios aos seus usuarios pola súa contribución ao uso do éuscaro. Este proxecto naceu hai cinco anos para promover o emprego desta lingua a través de internet. Trátase dunha plataforma gratuíta na que se poñen en contacto dúas persoas, unha que domina o éuscaro e outra que quere aprendelo ou melloralo. Así, unha vez á semana póñense en contacto por videoconferencia para falar nesta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello mallorquino de Valldemossa pon en marcha unha campaña para promover o catalán entre a poboación foránea

O Concello de Valldemossa puxo en marcha unha campaña para fomentar o uso do catalán entra a poboación foránea, que consiste en gravar 10 vídeos de persoas de orixe diversa que aprenderon esta lingua e que se integraron na sociedade mallorquina, converténdose así en referentes para os novos habitantes que chegan ao municipio.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Nace Mastodon.eus, unha nova rede social para comunicarse en éuscaro

Mastodon.eus, unha nova rede social gratuíta creada por entidades de promoción do éuscaro para comunicarse nesta lingua, permite a publicación de mensaxes de ata 500 palabras e contidos multimedia, e non ten publicidade.

Fonte: Eitb.eus

País Vasco

O Parlamento do Principado rexeita unha iniciativa que permitiría a cooficialidade do asturiano

O Parlamento de Asturias rexeitou, cos votos en contra de PSOE, PP, Ciudadanos e Foro, unha iniciativa presentada por IU e Podemos para modificar o Estatuto de Autonomía do Principado e permitir así a cooficialidade do asturiano, que se equipararía deste xeito co castelán.  

Fonte: El Comercio

Asturias

A Deputación Foral de Biscaia recoñece o labor de 31 federacións deportivas por fomentar o uso do éuscaro

Un total de 31 federacións deportivas recibiu unha distinción de recoñecemento polo labor realizado nas súas respectivas disciplinas deportivas co obxectivo de incrementar a presenza e o uso do éuscaro neste ámbito.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O Goberno vasco traballa nun plan estratéxico para impulsar o éuscaro no ámbito socioeconómico

O Goberno vasco está a traballar na elaboración do Plan estratéxico do éuscaro no ámbito socioeconómico que está previsto estea finalizado a principios do ano 2019. Ao longo de 2018 estase a levar a cabo un proceso participativo para recoller achegas de diferentes organizacións ao proxecto.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder