España
Unha normativa regulará os proxectos lingüísticos nas linguas propias de Aragón nos centros escolares

Debido ao incremento de colexios e institutos en Aragón que imparten algunha clase en aragonés ou en catalán, o Goberno desta comunidade publicou o proxecto de Orde polo que se regulan os proxectos lingüísticos en linguas propias de Aragón nos centros educativos.
Fonte: Heraldo
Vitoria acolle a décima edición da entrega de certificados de calidade na xestión lingüística Bikain

O Goberno vasco entregou, no Palacio Europa de Vitoria, os certificados Bikain que recoñecen a calidade na xestión lingüística. Nesta décima edición concedéronse 20 destes certificados a entidades públicas e privadas: once lograron o nivel superior (Bikain Ouro), sete o nivel medio (Bikain Prata) e dúas o básico (Bikain Negro).
Fonte: La Vanguardia
A Deputación Foral de Biscaia destinará no 2019 un total de 2,33 millóns de euros para a promoción do éuscaro
Un total de 2,33 millóns de euros é o orzamento que destinará a Deputación de Biscaia en 2019 a subvencionar empresas, persoas xurídicas sen ánimo de lucro, concellos e mancomunidades para que fomenten e difundan a presenza do éuscaro na sociedade.
Fonte: 20 minutos
A Generalitat de Cataluña convoca unhas axudas para fomentar as linguas no ámbito universitario catalán
As axudas Interlingua, dotadas dun orzamento de 611 779 euros, están destinadas a proxectos do ámbito universitario para o fomento do catalán, o occitano e a lingua de signos catalá, así como a aprendizaxe de terceiras linguas.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Ponse en marcha en Donostia unha campaña para dar a coñecer o éuscaro entre os turistas

A campaña “Easy Guide To Euskara” pretende dar a coñecer o éuscaro e a cultura vasca entre os visitantes á capital donostiarra, así como animalos a que o utilicen durante as súas vacacións.
Fonte: Ayuntamiento de Donostia
Solicitan a incorporación da lingua de signos española na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, a Confederación Estatal de Persoas Xordas e mais o Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española mantiveron unha reunión para tratar a importancia de incluír as linguas de signos na devandita carta europea.
Fonte: Prnoticias
O Goberno Foral edita unha antoloxía de literatura navarra en éuscaro

O segundo volume da antoloxía Egile Nafarren Euskal Literaturaren Antologia recolle a literatura escrita en éuscaro en Navarra entre os anos 1900 e 1975, que inclúe textos de diferentes xéneros escritos por dez especialistas en literatura vasca.
Fonte: Noticias de Navarra
Interpoñen un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña para reclamar a lingua de signos en todas as etapas educativas

Dúas entidades interpuxeron un recurso contra a Consellería de Educación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por non proporcionarlle ao alumnado xordo educación en lingua de signos en todas as etapas educativas.
Fonte: La Vanguardia
Trece empresas reciben do Goberno navarro 68 000 euros para impulsar o éuscaro

O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, concedeulles a trece empresas da comunidade axudas por un valor de 68 000 euros para fomentar o uso do éuscaro nos centros de traballo.
Fonte: Diario de Navarra
A plataforma de mensaxería instantánea Telegram incorpora o catalán

Coa incorporación do catalán ás opcións de idiomas de Telegram xa son 16 as linguas que ofrece esta plataforma de mensaxería instantánea, dispoñible para dispositivos Android, iOS, TDesktop e macOS.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín