España

Handia podería converterse no primeiro film rodado en éuscaro en chegar aos premios Óscar

Handia é a película en éuscaro máis vista da historia. Conseguiu dez dos trece premios Goya aos que estaba nomeada e agora competirá por chegar aos Óscar na categoría de Mellor película de fala non inglesa.

Fonte: Play Ground

País Vasco

A festa de San Miguel, en Gavà, estará dedicada este ano á lingua catalá

Gavà celebra, no Castelo de Eramprunya, a festividade de San Miguel que este ano está dedicada á lingua catalá no marco do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Convócanse os premios literarios Ciutat de Eivissa para incentivar a escrita en lingua catalá

O obxectivo deste certame é fomentar a lingua catalá e difundir a literatura en diferentes ámbitos. Os premios contan coas categorías de narrativa, narrativa infantil e poesía, pero están abertos a toda creación literaria en catalán.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Comeza a segunda edición do Glocal in Progres, unha actividade para linguas non hexemónicas dentro do Festival de Cine de San Sebastián

Glocal in Progress, unha iniciativa que se enmarca no Festival de Cine de San Sebastián e que está destinada a películas en linguas non hexemónicas, presenta, na súa edición deste ano, tres filmes en grego, lituano e turco.

Fonte: Audiovisual 451

País Vasco

Publícanse en valenciano uns 5000 exemplares da "Guia del Misteri d'Elx"

Xa está dispoñible a versión en valenciano da Guia del Misteri d'Elx, unha reedición da que se publicaron 5000 exemplares que se repartirán gratuitamente e que incorpora un glosario final con conceptos relacionados coa festa.

Fonte: Cadena Ser

Comunidade Valenciana

Ponse en marcha un proxecto para impulsar un asistente de voz libre en catalán

Softcatalà e Mozilla queren poñer en marcha un asistente de voz libre en catalán, un proxecto co que pretenden animar a gravar textos lidos nesta lingua para crear un modelo informático que calquera programador poida utilizar. 

Fonte: El Periódico

Cataluña

A cidade de Zaragoza recupera o nome histórico en aragonés nas rúas do Arrabal

O barrio do Arrabal de Zaragoza xa conta cunha nova placa na que figura a denominación tradicional: carrera Navaters de Roncal. Esta modificación súmase a outros quince nomes históricos que recuperan referencias a actividades e topónimos altoaragoneses.

Fonte: El Periódico

Aragón

O sitio web do Consello Comarcal do Bierzo incorporará a lingua galega

O Consello Comarcal do Bierzo vai incorporar o galego ao seu sitio web grazas ao traballo do colectivo cultural Fala Ceibe, que está a enviarlle  léxico nesta lingua ao ente comarcal para facilitarlle o traballo.

Fonte: Galicia Confidencial

Castela e León

O Concello de Agurain outorgará 10 000 euros en bolsas para o estudo do éuscaro

Este Concello ten como obxectivo normalizar o éuscaro e incrementar o seu coñecemento e a súa utilización por parte dos veciños. Para iso, a dotación orzamentaria para este ano ascende a 10 000 euros que se destinarán a unha serie de axudas.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Concello de San Sebastián aproba o seu Plan para normalizar o uso do éuscaro

O Concello puxo en marcha o sexto Plan para normalizar o uso do éuscaro, o cal terá unha vixencia de cinco anos e ten como obxectivo que esta lingua sexa utilizada en todos os ámbitos.

Fonte: ABC

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder