España

A Junta de Castilla y León recoñece que non dispón de ningún plan para protexer o leonés

Tanto a Consellería de Cultura como a de Educación -"das que teoricamente debería depender o estudo e protección do patrimonio lingüístico da comunidade-", apenas teñen nada que dicir respecto a un tema regulado e amparado legalmente desde hai un ano polo novo estatuto de autonomía de Castela e León.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Preséntase un dicionario para traducir palabras de español, catalán e inglés ao sistema de signos internacional

A empresa audiovisual catalá Multisignes presentou o seu novo dicionario interactivo (formato CD-Rom) que traduce do inglés, español e catalán a sistema de signos internacional en formato de vídeo.

Fonte: Diario Signo

Xeral

A ONCE fará accesibles 170 obras en éuscaro con axuda do Goberno vasco

No marco do convenio de colaboración que mantén coa Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco, a ONCE adaptará 170 obras literarias en éuscaro ás necesidades das persoas con discapacidade visual.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Acció Cultural lanza unha iniciativa lexislativa para que as canles en catalán se vexan en todo o territorio de lingua catalá

O obxectivo é reunir 500.000 sinaturas para que o Parlamento español aprobe unha lei que garanta a recepción das televisións en catalán nos países de lingua catalá. As sinaturas buscaranse en todo o territorio español.

Fonte: Món Divers

Comunidade Valenciana

O 43% dos alumnos da Universidade Pública de Navarra cre que o éuscaro debería ter "maiores dereitos"

O 43% dos alumnos da Universidade Pública de Navarra (UPNA) cre que o éuscaro debería ter no futuro un novo tratamento regulado por lei que permita "maiores dereitos" no uso e o ensino desta lingua.

Fonte: Europa Press

Navarra

As novas tecnoloxías impulsan os laboratorios de idiomas no sistema educativo valenciano

O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, afirmou que a nova versión de LliureX impulsada polo seu departamento porá a disposición do profesorado do sistema educativo os laboratorios de idiomas.

Fonte: La Razón

Comunidade Valenciana

O Instituto Cervantes e a Generalitat de Cataluña colaborarán na difusión da lingua e a cultura catalás no exterior

A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, e o presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla, reuníronse en Barcelona para estudar novas vías de colaboración entre ambas as institucións para promover a lingua e a cultura catalás fóra de España.

Fonte: Diario del Henares

Cataluña

A Deputación de Castelló ensina romanés a policías locais e funcionarios

Os funcionarios das administracións locais de Castelló recibirán este ano clases de aprendizaxe do idioma romanés nunha das accións formativas do Plan de formación continua da Deputación de Castelló. A necesidade de adaptarse aos cambios culturais motiva este curso, como en anos anteriores foron os de árabe.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Europa Press lanza un portal de noticias integramente en catalán, o www.europapress.cat

Europa Press de Catalunya inicia a transmisión dun portal de noticias integramente en catalán (www.europapress.cat), que ofrecerá en aberto as principais informacións da actualidade diaria, non só catalá, senón tamén estatal e internacional.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Dúas organizacións en defensa do asturiano promoven unha iniciativa para dirixirlles ao Goberno español e ao Consello de Europa

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana e o Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu anunciaron un acordo de colaboración para a defensa dos dereitos lingüísticos que vai ter como primeiro punto a interlocución co Goberno español, co apoio de organizacións que reúnen falantes de asturiano, seguindo así a esixencia do Consello de Europa.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder