España
O candidato a lehendakari do PP promete que o éuscaro non será imprescindible para acceder á Administración
O candidato a lehendakari do PP, Antonio Basagoiti, comprometeuse a garantir por lei que os pais poidan elixir o modelo lingüístico dos seus fillos e que o coñecemento do éuscaro deixe de ser un requisito para acceder á Administración.
Fonte: Diario Vasco
A Universidade Pública de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca estreitan a súa colaboración a través dun convenio marco
A Universidade Pública de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca/Euskaltzaindia subscribiron no campus de Arrosadia un convenio marco que ten por obxecto xeral estreitar a colaboración entre ambas as dúas institucións. Segundo o convenio subscrito, a Universidade Pública de Navarra, no que respecta ao éuscaro, recoñece a Euskaltzaindia como a institución consultiva oficial.
Fonte: Europa Press
O Síndic de Greuges insta a Consellería de Educación a garantir o ensino en valenciano
A Sindicatura de Greuges instou a Consellería de Educación a adoptar "todas as medidas que sexan necesarias, ordinarias ou extraordinarias, para garantir a aplicación efectiva dos programas de educación bilingüe en todos os centros financiados con fondos públicos".
Fonte: El Mundo
O Congreso admite as preguntas en catalán de Tardà (ERC) ao incluír tradución, pero só as publicará en castelán
A Mesa do Congreso decidiu admitir case todas as 500 preguntas que o deputado de ERC Joan Tardà rexistrou en decembro en catalán ao ir acompañadas da súa tradución ao castelán, segundo informaron fontes parlamentarias.
Fonte: Europa Press
A metade dos estudantes de catalán son latinoamericanos
Nos últimos tres anos sumáronse 280.000 persoas aos cursos do Consorci de Normalització Lingüística de Cataluña (CNL), cun incremento do 43% de alumnado. En 2008 apuntáronse 111.335 alumnos, o que significa un 22% máis con respecto ao ano anterior. Os maiores incrementos rexístranse nos niveis iniciais e básicos da lingua, que alcanzaron os 68.243 inscritos o año pasado (un 27% máis que en 2007). O colectivo latinoamericano é o máis numeroso entre o alumnado de catalán: nos niveis iniciais supera o 50% da matrícula.
Fonte: Tribuna Latina
Os concellos con plans de éuscaro dan cobertura ao 90% da poboación vasca
"O noso obxectivo é que o éuscaro, igual que o castelán, vaia sendo cada vez máis non só lingua de servizo, senón tamén lingua de traballo nas administracións públicas vascas". O viceconselleiro de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, explicaba así a "filosofía" dos plans de normalización do uso do éuscaro que se desenvolverán ata 2012 e que xa foron aprobados en 171 concellos que dan cobertura ao 90% da poboación do País Vasco.
Fonte: Deia
Nafarroa Bai pídelle ao Goberno que garanta a "función" dos medios que promoven o éuscaro
Nafarroa Bai pediulle ao Goberno de Navarra que garanta unha partida económica suficiente para asegurar este ano a función e supervivencia dos medios de comunicación que promoven o éuscaro.
Fonte: Europa Press
Preséntase Dixio, unha ferramenta que mellora a comprensión de textos en soporte dixital e en liña
Tecnoloxía e contidos lingüísticos únense en dixio, a solución aos problemas de comprensión que poden aparecer ao ler o contido dunha páxina web ou calquera documento do ordenador. Trátase dun servizo de Semantix, empresa dedicada ao desenvolvemento de solucións para mellorar a comunicación entre persoas.
Fonte: Comunicae
A Consellería de Familia de Castela e León pon a disposición das mulleres estranxeiras tradutores de 30 idiomas
A diferenza de idioma xa non é unha barreira para as mulleres estranxeiras que necesitan información para acceder a un emprego ou axuda ante unha situación de violencia de xénero. A Consellería de Familia de Castela e León puxo en marcha un sistema mediante o cal poden atender ata en 30 idiomas.
Fonte: 20minutos
O PP presenta unha lei pro castelán "sen segregación"
O PP presentou finalmente os detalles da súa anunciada proposta para garantir o ensino do castelán en toda España. Algo que, a xuízo dos populares, hoxe por hoxe non está asegurado debido a "normas de ámbito autonómico que non garanten que a lingua castelá sexa vehicular do ensino".
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín