España
O Concello de Eibar aposta por ofrecerlles aos seus veciños «a oportunidade de vivir en éuscaro»
A familia, a escola e os euskaltegis son os tres ámbitos nos que o Concello de Eibar se implicou durante 2008 no seu obxectivo de impulsar a transmisión lingüística. Un labor que se complementou cun segundo obxectivo, o da utilización, para o cal se promoveron accións dentro da propia Administración, as novas tecnoloxías, as empresas, o comercio, o tempo libre, o deporte ou a relixión.
Fonte: El Correo Digital
As bases do Partido Aragonesista mobilízanse contra a Lei de linguas que quere o PSOE
As bases do PAR comezaron a mobilizarse contra a Lei de linguas que pretende o PSOE. O primeiro paso deuno o comité local do PAR de Monzón (Huesca), localidade situada na zona oriental de Aragón e que, polo tanto, resultaría directamente afectada pola cobertura legal que se lle pretende dar ao catalán en territorio aragonés.
Fonte: ABC
Convócanse axudas a medios de comunicación en éuscaro
O Instituto Navarro del Vascuence, Euskarabidea, organismo autónomo do Goberno de Navarra dependente do Departamento de Educación, convocou recentemente axudas destinadas a promover a progresiva presenza do éuscaro nos medios de comunicación de Navarra, dotada este ano con 240.000 euros.
Fonte: Diario Vasco
O Institut d'Estudis Catalans cambia a definición de 'matrimonio' do dicionario
O Institut d'Estudis Catalans (IEC) aprobou cambiar a definición de 'matrimonio' do seu dicionario. Pasará de ser "unión lexítima entre un home e unha muller" a "unión lexítima entre dúas persoas que se comprometen a levar unha vida en común establecida mediante ritos ou formalidades legais".
Fonte: Europa Press
Varias personalidades de Asturias participan nunha campaña a prol da oficialidade do asturiano no Estatuto de Autonomía
Os escritores Corín Tellado e Carmen Gómez Ojea, os músicos Víctor Manuel e Hevia, os deportistas Chechu Rubiera e Manuel Busto, ademais da presentadora de televisión Sonia Fidalgo, quixeron sumarse á iniciativa do Conceyu Abiertu pola Oficialidá e xa están dispoñibles as súas declaracións a favor da oficialidade do asturiano na páxina http://es.youtube.com/user/doilacara.
Fonte: Asturnews
Montserrat Nebrera afirma que Magdalena Álvarez "ten un acento que parece un chiste"
A deputada do PP no Parlament Montserrat Nebrera afirmou, en relación coas explicacións efectuadas pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, sobre as medidas para xestionar a "copiosa nevada" caída en Madrid, que esta "ten un acento que parece un chiste".
Fonte: Público
Caja Navarra instala un sistema de atención financeira por videoconferencia en lingua de signos española
Toda persoa xorda que se acerque a calquera das 380 oficinas "Cancha" que Caja Navarra (CAN) ten repartidas por España poderá ser atendida en lingua de signos.
Fonte: EcoDiario
A Generalitat de Catalunya acusa o Goberno de incumprir os seus compromisos sobre o catalán en Europa
O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan (ERC), acusou o Goberno de "incumprir" os compromisos que tomou para facilitar o uso do catalán na Administración europea.
Fonte: Europa Press
Impulsan un experto virtual en ciencia que fala éuscaro

O centro de investigación Vicomtech-Ik4, Fundación Elhuyar e os grupos Ixa e Aholab da Universidade do País Vasco deron a coñecer en San Sebastián o experto virtual en ciencia que fala éuscaro AnHitz, impulsado en colaboración co Goberno vasco.
Nunha rolda de prensa de San Sebastián, o viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, explicou que este avatar é un prototipo desenvolvido nun proxecto de investigación bautizado co mesmo nome (AnHitz). Ademais, manifestou que o obxecto do proxecto é a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas en éuscaro para a intercomunicación entre persoas e dispositivos electrónicos.
Fonte: Europa Press
O presidente do Fomento do Turismo, Álvaro Middelman, pide que o castelán sexa respectado en Baleares
O presidente do Fomento do Turismo e director xeral de Air Berlin para España e Portugual, Álvaro Middelman, lanzou unha acendida proclama en defensa do uso e protección do idioma castelán en Baleares.
Fonte: Diario de Mallorca
Boletín
Subscríbase ao boletín