España

A asociación de Xuristas polo Asturiano entrega un novo informe sobre a lingua asturiana ao Consello de Europa

A asociación de Xuristas polo Asturiano (Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu) entregoulle o seu quinto informe ao Consello de Europa, "un traballo técnico no que se razoa e demostra que de acordo coa única interpretación posible do Instrumento de Ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias asinada por España, as súas autoridades están obrigadas a xustificar ante este Consello as razóns do incumprimento da parte III da devandita Carta na que se fai referencia á lingua asturiana”.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Academia da Lingua Asturiana e outras organizacións piden a oficialidade do asturiano

A Academia da Lingua Asturiana considerou "gravísima" a situación de perigo de desaparición na que a última versión do Atlas das linguas en perigo do mundo da Unesco sitúa o asturiano, e esixe, como única solución, a súa oficialidade.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Reparten un CD didáctico en favor do éuscaro a todos os centros de ensino do País Vasco, Navarra e o País vasco-francés

Korrika 16 e a Confederación de Ikastolas repartirán un CD didáctico sobre a carreira en favor do éuscaro (Korrika) a todos os centros de ensino do País Vasco, Navarra e o País vasco-francés. O obxectivo da iniciativa é promover o uso desta lingua e remarcar a necesidade de iniciativas como a que organiza a Coordinadora de Alfabetización e Euscaldunización (AEK) a través da Korrika.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Goberno vasco finaliza o sistema de validación de títulos e certificados de éuscaro no marco europeo

O Goberno vasco aprobou un decreto co que culmina o sistema de validación de títulos e certificados acreditativos de coñecementos de éuscaro e de adecuación destes ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Fonte: Europa Press

País Vasco

A Consellería de Educación valenciana incorporará o chinés mandarín como optativa a partir do curso 2010-2011

A Generalitat valenciana incorporará unha optativa de chinés mandarín ao sistema educativo público valenciano no curso 2010-2011 para os alumnos de Bacharelato e do último ciclo de Secundaria, segundo anunciou o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Linguamón publica a primeira parte do proxecto Mapas vivos

Linguamón publicou a primeira parte do ambicioso proxecto Mapas vivos, que de momento conta cun atlas interactivo das linguas de Europa. A aplicación permite distinguir entre linguas territoriais e linguas oficiais e facer buscas personalizadas.

Fonte: Món Divers

Cataluña

A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña traballa para que o catalán se volva empregar en Swiss Air

Con motivo da supresión do catalán da megafonía dalgúns vos de Swiss Air en decembro de 2008, a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña púxose en contacto coa liña aérea.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Segundo un estudo, o Aeroporto de El Prat discrimina o catalán

O Aeroporto de El Prat (Barcelona) discrimina o catalán, aínda que esta é a única lingua propia de Cataluña, segundo revela o estudo que presentou a Plataforma per la Llengua.

Fonte: Qué

Cataluña

Destínanse case 50.000 euros para que os xuíces aprendan éuscaro

O Consello Xeral do Poder Xudicial prevé gastar este ano case 50.000 euros na euscaldunización dos xuíces, grazas a un convenio firmado en 1999 co Goberno vasco.

Fonte: La Razón

País Vasco

Valórase "positivamente" o grao de cumprimento en Navarra da Carta Europea das Linguas Minoritarias

O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, Carlos Pérez-Nievas, realizou unha valoración "positiva" do grao de cumprimento en Navarra da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, xa que o informe remitido polo Comité de Expertos asegura que se cumpren "todos" os compromisos na zona vascófona.

Fonte: Europa Press

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder