España

58 entidades navarras adheríronse á campaña Gabonetan, euskaraz ere bai! (En Nadal, tamén en éuscaro!)

Co obxectivo de que en estas Festas de Nadal o éuscaro poida oírse un pouco máis en toda Navarra, 58 entidades puideron utilizar o cancioneiro con dez panxoliñas clásicas que publicou o Instituto Navarro del Vascuence en colaboración con Euskal Kantuzaleen Elkartearekin.

Fonte: XornalGalicia

A Deputación de Álava daralle un impulso ao uso do éuscaro nesta institución

A Deputación dará o próximo ano un forte impulso á súa particular inmersión no éuscaro para que «progresivamente se converta nunha lingua de traballo». Así o avanzou o tenente de deputado xeral, Claudio Rodríguez, quen asegurou que un dos principais obxectivos do Gabinete Agirre é que todo o persoal que se encontra nos servizos de atención ao público fale éuscaro.

Fonte: El Correo Digital

O catalán ten un uso testemuñal nas compañías aéreas

O caso da compañía aérea Swiss Air reabriu a polémica sobre o uso da lingua nos voos procedentes ou con destino a aeroportos dos Países Cataláns. A compañía suíza utilizaba o catalán nas mensaxes de cortesía gravadas, pero cambiáronas por gravacións en castelán por queixas dos viaxeiros, principalemente a dun membro de UPyD, o partido de Rosa Díez.

Fonte: Avui

O Tribunal Supremo insta o Goberno catalán a preguntar a lingua do alumno

O Tribunal Supremo obriga a Generalitat de Catalunya a que nos formularios de matriculación de ensino infantil e primario se pregunte sobre a lingua habitual do alumno. A sentenza responde ao recurso da Generalitat contra outra do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que en 2004 o instou a preguntarlles aos pais dos alumnos pola súa lingua habitual "para facer efectivo o seu dereito a recibir o primeiro ensino nesta lingua".

Fonte: El País

O Instituto Vasco Etxepare iniciará a súa actividade en xaneiro

O Instituto constitúese como un ente público de dereito privado, adscrito ao Departamento de Cultura. A súa misión será a difusión e promoción da lingua e cultura vascas no mundo, na liña do lema de Bernat Etxepare (poeta vasco que lle dá nome a esta nova institución): "jalgi hadi mundura" (ábrete ao mundo).

Fonte: eitb

O Goberno balear non recoñece os títulos de catalán da Generalitat Valenciana

Os títulos de catalán expedidos pola Generalitat Valenciana non teñen validez para o Goberno balear e non os recoñece para acreditar o coñecemento desta lingua.

Fonte: Diario de Mallorca

Os alumnos de colexios bilingües públicos valencianos acreditarán parte do título oficial de inglés

A Consellería de Educación valenciana está decidida a implantar o plurilingüismo no sistema educativo valenciano. O proxecto, que busca introducir o inglés como lingua vehicular no ensino, comezará a aplicarse de forma experimental o próximo ano.

Fonte: El Mundo

Deportistas asturianos súmanse á campaña Doi la Cara pola Oficialidá

Samuel Sánchez, Carlos Pérez, Javi Villa, Santi Cazorla, Juan Mata, Pablo Álvarez, Santi Pérez, Manuel Enrique Mejuto, Benjamín Noval, Adrián López, Esteban Suárez, Carlos Barredo, Alberto Hevia , César Martín e Javi Hernanz dan a cara pola oficialidade do asturiano na campaña da organización Conceyu Abiertu pola Oficialidá, sumándose así a David Villa, Quini, Chechu Rubiera e Manuel Busto que, entre outros, xa o fixeron anteriormente.

Fonte: Asturies.com

Pactan un plan para impulsar o catalán nos xulgados

Ante a evidencia de que a xustiza é un dos ámbitos onde o catalán está menos normalizado, o Colexio de Avogados de Barcelona, o departamento de Xustiza e a Secretaría de Política Lingüística farán unha fronte común para intentar incrementar o uso.

Fonte: Avui

O Plan de éuscaro de Getxo pon o acento por primeira vez no colectivo de inmigrantes

«Hai que ter en conta que a realidade social mudou. Debemos responder a unha nova situación e darlles aos inmigrantes a ocasión de coñecer o idioma», dixo o responsable de Cultura e Euskera de Getxo. Na presentación do segundo Plan do éuscaro, Koldo Iturbe advertiu da necesidade de fomentar entre este sector de poboación tanto a aprendizaxe como o uso desta lingua.

Fonte: El Correo Digital

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder