España
O ministro de Traballo opina que impoñer o catalán aos inmigrantes sería contraproducente
O ministro de Traballo e Inmigración dixo que a Administración debe promover o coñecemento do castelán ou as linguas cooficiais aos inmigrantes, pero non debe impoñelo como obriga. "Impoñer o catalán aos inmigrantes, por exemplo, tería un efecto contraproducente".
Fonte: El Mundo
A Consellería de Educación valenciana primará o inglés para que puntúe igual que o valenciano nas oposicións
A Consellería de Educación xa puxo sobre as mesas de negociación unha proposta concreta de como pode empezar a configurarse na Comunidade Valenciana un modelo de plurilingüismo.
Fonte: El Mundo
As universidades públicas elaborarán un modelo para ensinar español
Profesores das catro universidades públicas de Castela e León (Salamanca, Valladolid, León e Burgos) traballan na elaboración dun método de ensino de español a través dun convenio subscrito no Palacio de la Isla de Burgos entre o Instituto Castellano y Leonés de la Lengua e a editorial Everest.
Fonte: ABC
Un estudo analiza a presenza do éuscaro na cidade de San Sebastián
A paisaxe lingüística da cidade de San Sebastián é o obxectivo dun estudo que emprenderon o Padroado de Deportes e a Universidade do País Vasco e que pretende avaliar o uso das diferentes linguas nas rúas donostiarras. Na primeira fase analizouse o centro da cidade, onde se detectou unha presenza do 34,3%.
Fonte: Diario Vasco
O Institut Ramon Llull contará cun presuposto de 14 millóns para 2009
O Institut Ramon Llull (IRL) contará durante o vindeiro ano cun presuposto de 14 millóns de euros, dos que o Executivo autonómico contribuirá con 1,7, e dedicarase á proxección exterior da cultura e lingua catalás, especialmente á balear, despois de que se dera luz verde á entrada das illas o pasado mes de setembro.
Fonte: La Razón
O Goberno balear despide os interinos que non acreditan o nivel C de catalán
O Executivo balear deu orde de non renovar o contrato a todos os traballadores temporais da Administración que non teñan este título. Este será o motivo de criba e redución de persoal.
Fonte: El Mundo
Touriño proponlle a Zapatero que teña en conta o custo diferencial que supón a lingua propia
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, propúxolle ao xefe do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que o novo modelo de financiamento teña en conta, por primeira vez, o custo derivado do feito diferencial de ter lingua propia, petición ante a que Zapatero se mostrou receptivo e, incluso, se comprometeu a estudala.
Fonte: La Voz de Galicia
O 45% dos inmigrantes de Biscaia quere aprender éuscaro, pero menos do 1% o estuda
O 44,8% dos inmigrantes e refuxiados que acudiron este ano ás oficinas da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) en Bilbao manifestou o seu interese por aprender éuscaro. Non obstante, só 24 dos 2.579 atendidos (o 0,9%) pasaron á práctica.
Fonte: El País
Canal Sur traducirá a mensaxe real á lingua de signos española
A tradicional mensaxe de Nadal do Rei Xoán Carlos este ano será accesible para as persoas xordas en Andalucía. Canal Sur será a primeira canle de televisión que traducirá as palabras a lingua de signos española.
Fonte: Diario Signo
O Goberno vasco traduce ao braille as papeletas para as próximas eleccións vascas
O Consello do Goberno vasco aprobou en Vitoria o Decreto que regula as urnas, cabinas, papeletas, sobres de votación e documentación electoral das Eleccións ao Parlamento vasco, que, entre outras novidades, facilitaralles o voto ás persoas cegas ou con discapacidade visual.
Fonte: EcoDiario
Boletín
Subscríbase ao boletín