España

O Goberno vasco destina 470.000 euros a fomentar o éuscaro no País Vasco francés

O Goberno vasco destinará 470.000 euros para incrementar o uso do éuscaro no País Vasco francés e fomentar o labor de varias entidades privadas que traballan na devandita zona a favor desta lingua.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco, distinguido por colaborar co lanzamento en éuscaro de Windows

O Goberno vasco recibe a distinción 'Microsoft Local Language Program Award' pola súa colaboración e compromiso co lanzamento de Windows Vista e Microsoft Office 2007 en éuscaro, achegando unha actualización de descarga gratuíta da interface, así como "a sensibilidade e o compromiso mostrados co desenvolvemento e uso do éuscaro a través das TIC".

Fonte: Hoy Tecnología

País Vasco

A Xunta pola Llingua convoca unha manifestación pola mención de asturiano en Maxisterio e a especialidade docente

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana convocou unha manifestación contra a "exclusión da lingua asturiana no sistema educativo", na que pedirá que se aprobe unha mención de asturiano na reforma dos estudos de Maxisterio e a creación da especialidade para que se convoquen as prazas de profesores de lingua asturiana na educación primaria e secundaria.

Fonte: Qué

Asturias

A Generalitat de Catalunya defende o sistema de inmersión lingüística como "garantía de cohesión social"

O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, manifestou que "o sistema de inmersión lingüística é garantía de cohesión social", segundo informou o Executivo rexional.

Fonte: EcoDiario

Cataluña

O número de incidencias no servizo para a garantía dos dereitos lingüísticos do Goberno vasco aumenta un 25%

A incidencias en ELEBIDE, o servizo para a garantía dos dereitos lingüísticos do Goberno vasco, aumentaron un 25% en 2008 con respecto a 2007. Do total de queixas, o 87% produciuse no ámbito público.

Fonte: Euskadi.net

País Vasco

Cinco centros de Navarra estrearán en setembro o novo programa plurilingüe, tres deles en éuscaro

Cinco centros públicos navarros estrearán o vindeiro curso os novos programas plurilingües deseñados polo Departamento de Educación (un outorga preeminencia ao castelán e o outro ao éuscaro).

Fonte: Diario de Noticias

Navarra

Euskadi, Cataluña, Galicia e Baleares institúen o premio á promoción da realidade plurilingüe do Estado

As institucións responsables da política lingüística en Euskadi, Catalunya, Galicia e Illes Balears, dentro dos ámbitos de colaboración entre os catro executivos en materia de política lingüística, instituíron o Premio á promoción da realidade plurilingüe do Estado español para recoñecer o labor realizado por persoa, entidade ou empresa no ámbito do recoñecemento e promoción da diversidade lingüística existente no Estado.

Fonte: Xunta de Galicia

Xeral

A Academia Valenciana da Lingua comprométese a traballar para normalizar o valenciano na igrexa

A presidenta da Academia Valenciana da Lingua (AVL), Asunció Figueres, comprometeuse a "traballar para normalizar o valenciano no ámbito da igrexa", tras a reunión mantida cun grupo de membros do Bloc Jove, con motivo do Día da Lingua Materna.

Fonte: ADN

Comunidade Valenciana

O correo electrónico de Hotmail xa está dispoñible en catalán

Todos os usuarios do servizo de correo electrónico Hotmail poden empregar o catalán na interface desta aplicación de Microsoft, despois de que a firma concluíse a tradución a esta lingua de todos os servizos de Windows Live.

Fonte: El Periódico

Xeral

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeita a petición dunha nai para que a filla faga preescolar en castelán

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña desestimou o recurso interposto por unha muller que reclamaba que a súa filla fose educada en castelán durante a educación infantil no colexio Sant Josep de Calassanç-Escolàpies de Sabadell, e que tamén pedía que lle enviasen todas as circulares nesta lingua.

Fonte: Avui

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder