España

O voceiro de ERC no Congreso, Joan Ridao, reunirase con José Bono para falar sobre o uso do catalán no Congreso

O voceiro de ERC no Congreso dos Deputados, Joan Ridao, ten previsto reunirse en breve co presidente do Congreso, José Bono, para abordar de novo as diversas vías que poderían posibilitar o uso do catalán no hemiciclo da cámara baixa.

Fonte: Avui

Celébranse en Granada unhas xornadas sobre a implantación da lingua de signos en ámbitos como a educación ou a sanidade

A implantación das linguas de signos no sistema educativo, sanitario, xudicial, administrativo e na sociedade estase preparando mediante leis e regulamentos. Algúns, como é o caso de Andalucía, xa están en mans dunha Comisión. Expertos e persoas xordas de toda España analizan o proceso o xoves 22 e o venres 23 en Granada.

Fonte: De Minorías

A Asemblea de Estremadura estuda traducir o contido da súa web á lingua de signos

O presidente da Asemblea de Estremadura, Juan Ramón Ferreira Díaz, recibiu a visita da responsable da Asociación Regional Bilingüe de Personas Sordas, REBIPES, María Ángeles Durán Luján, para estudar a posibilidade de chegar a un acordo de colaboración co que se pretende facilitarlles ás persoas xordas o acceso á información recollida na web do Parlamento estremeño.

Fonte: Extremadura 24 Horas

Portugal e España promoverán as linguas ibéricas

Portugal e España comprometéronse, no Cumio Ibérico, a avanzar co ensino do portugués en España e do español en Portugal. Segundo a Agência Lusa, os xefes de Estado cualificaron este proceso como de grande importancia.

Fonte: TVI

Un libro analiza a presenza do éuscaro na prensa desde o século XVIII a 1945

A Viceconsellería de Política Lingüística segue adiante con Euskara Mintzagai, unha colección de libros que ten como obxectivo afondar no coñecemento do éuscaro a través da análise da súa presenza en ámbitos distintos: desde a literatura á toponimia, pasando pola diáspora vasca. Tras publicar os dous primeiros números, Euskararen geografía historikoa (Xeografía histórica do éuscaro) e Ahozko hitzetatik idatzietara (Da palabra oral á escrita), agora pon en circulación Euskal Herriko prentsa XVIII. mendetik 1945era (A prensa vasca desde o século XVIII ata 1945) e Euskara eta euskalkiak (O éuscaro e os dialectos).

Fonte: El País

Piden o uso do asturiano como lingua propia da Universidade de Oviedo

A primeira reunión da Comisión de Estatutos da Universidade de Oviedo supuxo a presentación de varias emendas, en concreto, 106, aos estatutos actuais, con vistas á súa obrigada modificación. Entre elas, non poucas sorpresas, como a proposta de emenda para o «uso do asturiano como lingua propia da Universidade de Oviedo, que debe ser empregada en igualdade de condicións e garantíndose a non discriminación», presentada por un grupo de claustrais entre os que figura a profesora Paz Andrés, principal referencia da oposición universitaria.

Fonte: La Nueva España

Máis de 6000 firmas rexeitan que o catalán sexa «lingua propia» de Aragón

A Plataforma «No Hablamos Catalán» (NHC), integrada por máis de corenta entidades políticas, sociais e culturais de Aragón, Valencia e Baleares, leva recollidas máis de 6000 firmas en contra de que o catalán sexa considerado «lingua propia» en Aragón.

Fonte: ABC

O ex presidente Pujol e o escritor Quim Monzó alertan da deterioración no uso do catalán

O escritor Quim Monzó alertou de que a lingua catalá vai camiño de converterse nun dialecto do castelán, mentres que o ex presidente da Generalitat Jordi Pujol fixo un chamamento aos catalanfalantes a "responsabilizarse cada un da defensa da lingua".

Fonte: La Vanguardia

O síndic d'Aran pide que a Lei de educación catalá recoñeza o aranés como lingua vehicular

O síndic d'Aran, Francès Boya, presentou no Parlamento de Cataluña as emendas que o Conselh General d'Aran preparou para reclamar que a futura Lei de educación de Cataluña, que actualmente está en proceso de debate, recoñeza o aranés como lingua vehicular da escola.

Fonte: Avui

ERC denuncia que o Goberno español incumpre acordos coa UE en materia lingüística

O secretario de Política Lingüística catalán, Bernat Joan, acusou o Goberno central de incumprir os acordos alcanzados coa Unión Europea sobre pluralidade lingüística, que recoñecen o dereito de cataláns, vascos e galegos a ser atendidos na súa propia lingua.

Fonte:

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder