España

Os docentes estremeños de portugués anhelan que esta sexa pronto a segunda lingua estranxeira na comunidade

A Asociación do Profesorado de Portugués en Estremadura (APPEX) espera con ilusión, aínda que con certo escepticismo, a implantación do portugués como segundo idioma estranxeiro na rexión.

Fonte: Hoy

A Junta de Castilla y León ensinará inglés a 81 profesores leoneses para xeneralizar o bilingüismo

A Junta de Castilla y León, a través da Consellería de Educación, inicia un curso para intentar que os profesores da comunidade adquiran as suficiente destrezas lingüísticas para xeneralizar o bilingüismo a todos os colexios no menor tempo posible.

Fonte: Diario de León

CiU pide no Senado poder realizar o MIR en catalán, éuscaro e galego a partir de 2010

A senadora de CiU Rosa Nuria Aleixandre presentou unha moción en que insta ao Goberno a poder realizar os exames do Mir en catalán, éuscaro e galego nas respectivas comunidades autónomas para optar ás prazas de residentes nas diferentes especialidades en ciencias da saúde.

Fonte: EcoDiario

O Conselh Generau d'Aran e a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña presentan un tradutor para o occitano

O síndico de Arán, Francès Boya, e o secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, presentaron na sede do Conselh Generau o tradutor automático catalán-occitano-catalán e castelán-occitano-castelán, "un instrumento lingüístico gratuíto e adaptado ao servizo de todas as persoas", en palabras da responsable de Cultura e Política Lingüística da máxima institución, Maria Vergés.

Fonte: Avui

Unha xuíza da Audiencia Nacional impide que un acusado se exprese en asturiano por non ser unha lingua cooficial

A xuíza Angela Murillo impediu a un independentista asturiano xulgado na Audiencia Nacional por estragos terroristas que se expresase en asturiano por non ser "unha lingua cooficial", e alegou que ela, nacida en Estremadura, "tamén podería facelo en castúo" (o dialecto desta rexión) pero entón non a "entenderían".

Fonte: Europa Press

O Goberno balear valora que Zapatero defenda unha contribución adicional para as comunidades autónomas con dobre lingua oficial

O Goberno balear valorou "moi positivamente" que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, defenda que o novo sistema de financiamento incorpore unha contribución adicional para as comunidades autónomas con dobre lingua oficial, como é o caso de Baleares, Cataluña, Galicia ou Euskadi.

Fonte: Europa Press

Os nenos do barrio almeriense de El Puche elaboran un dicionario electrónico árabe-español

Os nenos e adolescentes do barrio almeriense de El Puche están inmersos nun proxecto que os ocupa boa parte da tarde dos xoves. Dentro das actividades programadas polo centro de acceso público a internet (CAPI) desta barriada, atópase a de proporcionarlles aos seus veciños, a maioría deles inmigrantes de nacionalidade marroquí, ferramentas para que sexan capaces de desenvolverse no día a día tanto no mercado como na casa ou na escola.

Fonte: El Almería

Euskadi insta o Estado a cumprir os consellos de Europa respecto ao éuscaro

O Consello de Europa insta a administración española no seu último informe sobre as linguas rexionais a tomar as medidas necesarias para incrementar o número de xuíces, fiscais e secretarios xudiciais capaces de empregar o éuscaro como "lingua de traballo". Así mesmo, aléntao a modificar o marco xurídico para que "quede claro que as autoridades xudiciais penais, civís e administrativas" de Euskadi "levarán a cabo os procedementos xudiciais en éuscaro a petición dunha parte".

Fonte: El País

A Obra Cultural Balear ve inaceptable que se rebaixen os requisitos de catalán a un alto funcionario do Consell de Mallorca

A Obra Cultural Balear considera inaceptable que se rebaixen os requisitos de coñecemento do catalán a un alto funcionario da administración do Consell de Mallorca, tal e como decidiu o último pleno da institución en relación co futuro responsable da Axencia Urbanística.

Fonte: OCB

O Príncipe de Asturias anima a Fundación San Millán a promover o español no ciberespazo

"A Fundación pode desempeñar unha misión importante na promoción do español no ciberespazo", afirmou en San Millán de la Cogolla o Príncipe de Asturias. A Súa Alteza Real presidiu no mosteiro de Yuso a reunión extraordinaria do Padroado da Fundación San Millán conmemorativa do seu décimo aniversario.

Fonte: La Rioja

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder