España
Máis de 430 establecementos de Xixón únense a unha campaña de promoción do uso do asturiano
O uso da lingua asturiana esténdese cada vez con máis intensidade entre os diversos sectores da cidade de Xixón. Boa proba disto é a adhesión por parte de 435 comercios e establecementos hostaleiros ás campañas promovidas pola Oficina Municipal da Lingua durante o pasado ano.
Fonte: La Voz de Asturias
O Departamento vasco de Cultura coloca cinco novos produtos en éuscaro na rede
Empeñada en incrementar o uso do éuscaro e consciente da importancia que para isto teñen as novas tecnoloxías, a Viceconsellería de Política Lingüística colocou en internet cinco novos produtos en lingua vasca.
Fonte: El País
A Comisión Europea defende as clases de Erasmus en catalán
A Comisión Europea defende que as universidades catalás impartan as clases aos estudantes estranxeiros de Erasmus en catalán. O comisario de Educación, Formación, Cultura e Xuventude Ján Figel, reclamou a España que "preserve e promova o seu multilingüismo" en vez de estar "á defensiva" e en lugar de "simplificar e buscar unha lingua franca".
Fonte: El Periódico de Cataluña
Marisol López proponlle á Junta de Andalucía implantar o estudo do galego nas escolas oficiais de idiomas andaluzas
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, reuniuse co viceconselleiro de Educación da Junta de Andalucía, Sebastián Cano, para abordar a posibilidade de implantar o estudo do galego nas escolas oficiais de idiomas desa comunidade. A proposta da Xunta de Galicia consiste en establecer unha fórmula de colaboración para que a cidadanía asentada en Andalucía teña a posibilidade de aprender galego e de recibir a formación preparatoria para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello Asesor do Éuscaro reúnese en Vitoria para debater o documento final da iniciativa Euskara 21
O plenario do Consello Asesor do Éuscaro reúnese na sede de Lehendakaritza en Vitoria para debater o documento final da iniciativa Euskara 21 que ten como obxectivo "sentar as bases para a política lingüística do século XXI".
Fonte: Europa Press
Unha lei regulará en Andalucía o uso da lingua de signos española
Na inauguración da Fundación Andalucía Accesibilidade e Persoas Xordas falouse da próxima entrada no parlamento andaluz dun anteproxecto de lei que regulará o uso da lingua de signos en todos os ámbitos da vida social, educativa, cultural...
Fonte: De Minorías
A Xunta de Galicia avoga por unir esforzos con Andalucía para promover a diversidade lingüística do Estado
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou o pasado venres 26 de xaneiro en rolda de prensa a exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”. Trátase dunha mostra sobre a diversidade lingüística e a lingua galega que se poderá visitar no Real Alcázar de Sevilla ata o vindeiro 1 de marzo.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello do Éuscaro avala o plan de política lingüística

O Consello Asesor do Éuscaro asumiu o pasado 6 de febreiro por unanimidade nunha reunión plenaria en Vitoria o documento 'Euskara 21', o relatorio elaborado tras meses de debates e que será o referente a partir de agora da política lingüística que se adopte en Euskadi.
Fonte: El Correo Digital
O Bloque por Asturies solicita o envío de toda a documentación sobre o asturiano ao Consello de Europa e ao Goberno
O Bloque por Asturies (BA) esixiulle á directora xeral de Política Lingüística do Principado, Consuelo Vega, a través dunha nota de prensa escrita en asturiano, que "se poña a traballar" e envíe toda a documentación sobre a lingua asturiana ao Consello de Europa e ao Goberno central.
Fonte: Europa Press
Dúas mostras presentan o catalán como ferramenta de integración social
O catalán como lingua de integración e cohesión social dos inmigrantes é a premisa principal de dúas exposicións itinerantes que se presentaron no Parlamento de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín