España

Varias entidades locais de Navarra engadirán o nome en éuscaro á denominación en español

O Ministerio de Administracións Públicas (MAP) inscribiu no Rexistro das Entidades Locais o cambio da denominación de 18 delas. As modificacións consisten en establecer os nomes en éuscaro que, xunto coas denominacións en castelán, constituirán os novos nomes oficiais desas entidades locais.

Fonte: Europa Press

Navarra

O asturiano non poderá puntuar en todas as oposicións públicas

A polémica comezou cando o Concello de Cangas de Narcea aprobou, a finais de febreiro, un novo plan de normalización lingüística que inclúe unha cláusula para puntuar a formación en lingua asturiana dos aspirantes de todas as oposicións convocadas no municipio.

Fonte: ABC

Asturias

Preséntase en Barcelona o novo sistema de tradución automática occitano-catalán-español

O Secretario de Política Lingüística, Bernat Joan, e o director do Centro Interrexional de Desenvolvemento do Occitano (CIRDOC), Philippe Hammel, presentaron no Salón de Actos do Departamento de Cultura de Cataluña o novo sistema de tradución automática occitano-catalán-español.

Fonte: Linguamón

Cataluña

Partidos e organizacións sociais apoian a valoración do asturiano como mérito nas oposicións

Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Asociación de Trabayadores de la Normalización Llingüística e a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana saíron en defensa da decisión do Concello de Cangas del Narcea de valorar como mérito os coñecementos de asturiano nas súas oposicións, e deixaron claro que esta medida non ten nada de discriminatoria.

Fonte: Europa Press

Asturias

Organizan un curso na Universidade Politécnica de Madrid para ensinar suahili

Este curso está dirixido a estudantes da Universidade Politécnica de Madrid interesados na cooperación co desenvolvemento. O obxectivo é que os futuros cooperantes aprendan suahili, un idioma que os achegará ás persoas ás que teñen que prestar axuda.

Fonte: Universia

Madrid

Cincocentas persoas manifestáronse en Oviedo contra a exclusión educativa do asturiano

Máis de 500 persoas acudiron á manifestación do pasado 7 de marzo en Oviedo convocadas pola Xunta pola Defensa da Lingua contra a exclusión do asturiano do sistema educativo.

Fonte: El Comercio Digital

Asturias

Patxi López intensifica a aprendizaxe do éuscaro ante a opción de ser lehendakari

Ao tempo que prepara a súa posible conquista da Lehendakaritza, o líder do PSE, Patxi López, afánase por aprender éuscaro. Recibe clases tres días á semana durante unha hora e media.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

Só tres museos nacionais e a Biblioteca Nacional ofrecen contidos en todas as linguas do estado, segundo Cultura

Xa son tres os museos nacionais que ofrecen os seus contidos en todas as linguas cooficiais do Estado, segundo informa o Ministerio de Cultura nunha resposta parlamentaria á deputada de CiU Montserrat Surroca. Tamén a Biblioteca Nacional utiliza todas as linguas.

Fonte: EcoDiario

Xeral

A Consellería de Educación de Cataluña estende a toda a primaria a inmersión lingüística en catalán

A Consellería de Educación da Generalitat de Catalunya estenderá a partir do próximo curso a inmersión lingüística en catalán a toda a ensinanza primaria -de 3 ata os 12 anos- nos 84 centros en que xa se aplicaba esta política, e á que se adherirán 68 escolas de Cataluña.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Estado español incumpre a aplicación da Lei de lingua de signos

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denuncia a "falta de vontade e dilixencia" do Goberno para aplicar a lei pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, tras cumprirse 15 meses desde a súa aprobación.

Fonte: Galicia Hoxe

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder