España
O Parlamento catalán pide que as declaracións en linguas estranxeiras en TV3 se subtitulen
A comisión parlamentaria de control á Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) aprobou por unanimidade unha resolución de CiU que pide que, no libro de estilo dos medios públicos da Generalitat que se está elaborando, se recolla que as declaracións en linguas estranxeiras que se emitan na Televisión de Cataluña (TVC) non se dobren, senón que se subtitulen en catalán.
Fonte: Europa Press
Bilbao lanza un plan innovador para fomentar o emprego do éuscaro
Aprender éuscaro mentres facemos a compra, tomamos un café ou subimos ao monte cun amigo. Non é este o único atractivo que presenta Mintzakide ("interlocutor" en éuscaro), o plan para o perfeccionamento e o uso da lingua vasca que lanzou o Concello de Bilbao. Tamén a relación alumno-profesor resulta sorprendente, por inexistente.
Fonte: El País
O Concello de Barcelona intégrase no Consorcio da Casa das Linguas
O Concello de Barcelona incorporouse no proxecto de Linguamón – Casa das Linguas mediante a cesión de 7.000 metros cadrados da antiga fábrica de Can Ricart.
Fonte: Linguamón
O Goberno español promete acabar de adaptar as súas webs ás linguas cooficiais
A ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, asegurou no Congreso que o Goberno quere “culminar” este ano a adaptación ás linguas cooficiais das páxinas web de todos os ministerios e dos organismos públicos dependentes, así como todos os impresos e formularios.
Fonte: La Voz de Barcelona
A Escola de Maxisterio de Oviedo incluirá unha mención do asturiano
A Escola de Maxisterio incluirá na proposta de plans de estudo adaptados á reforma europea unha mención para o asturiano dentro do grao de mestre de Primaria.
Fonte: La Voz de Asturias
O PP de Cataluña opta por unha dobre rede lingüística escolar
O PP de Cataluña opta por establecer a dobre rede lingüística de escolarización -que lles permita aos pais escoller entre o catalán e o castelán como lingua vehicular das clases- na proposición de lei de educación que rexistrou no Parlamento, que quere ser unha alternativa á elaborada polo conselleiro Ernest Maragall.
Fonte: Avui
O conselleiro de Saúde e Consumo balear afirma que o catalán non supón un obstáculo para os médicos
O conselleiro de Saúde e Consumo balear, Vicenç Thomàs, respondeu ás críticas efectuadas polo PP en torno ao Decreto do catalán na sanidade, ao asegurar "non crer" que os especialistas e médicos "marchen" de Baleares "pola lingua".
Fonte: Europa Press
As principais organizacións da publicidade española comprométense co bo uso do idioma
As principais organizacións da publicidade española firmarán un acordo en defensa do bo uso do idioma nos anuncios e mensaxes comerciais, que promoveu a Fundación do Español Urxente.
Fonte: ADN
A Generalitat de Catalunya comeza a inspeccionar o uso do catalán na hostalería
A Generalitat de Catalunya comeza unha campaña informativa de inspección para comprobar se o sector da hostalería cumpre coa lei de política lingüística.
Fonte: Avui
Esquerra Republicana quere que o Congreso lle esixa ao Goberno un calendario para estender as linguas cooficiais
Esquerra Republicana defende ante o Pleno do Congreso unha moción coa que persegue que a Cámara mostre o seu apoio ao modelo lingüístico catalán e inste o Goberno a presentar, no prazo dun mes, un calendario concreto para conseguir a plena normalización do uso das linguas cooficiais en toda a Administración Xeral do Estado ao longo desta lexislatura.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín