España

O PP esixe a retirada do plan de uso do éuscaro no Instituto Foral de Benestar Social

O PP pedirá a retirada do plan de uso do éuscaro no Instituto Foral de Benestar Social xa que ao seu xuízo recolle unha serie de obrigas que «non están acordes coa realidade de Álava».

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

Melilla retoma os informativos en lingua bérber en televisión

Melilla retomou os seus informativos en tamazight, lingua milenaria de orixe bérber que falan os musulmáns melilleses, na televisión pública da cidade autónoma.

Fonte: Antena 3

Melilla

Máis de 1.000 alumnos de primaria e secundaria aprenden galego como segunda lingua no Bierzo

O uso do galego no Bierzo avanza, pouco a pouco, pero sen pausa. Desde hai xa oito anos, os nenos da comarca leonesa poden estudar o idioma que desde sempre se fala nas súas aldeas.

Fonte: La Opinión

Castela e León

O Concello de Ermua ofrece consellos na súa páxina web para impulsar o emprego do éuscaro

Os pais e nais de Ermua contan na páxina web do departamento municipal de Éuscaro con diversos consellos para fomentar o uso deste idioma desde a casa.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

A Fundación Vía Galego solicita medidas de protección para o galego que se fala fóra da comunidade autónoma

A Fundación Vía Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e que ten entre as súas funcións fomentar a presenza da nosa lingua nos territorios do galego estremeiro, organizou un concerto de música infantil para as nenas e nenos do Val das Ellas, en Estremadura.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

Estremadura

O Goberno balear aproba o decreto que regula o catalán na Sanidade

O Consello de Goberno das Baleares aprobou o decreto que regulará o coñecemento do catalán no ámbito sanitario, pese á forte polémica que rodea esta normativa.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Esíxenlle ao Goberno canario que os médicos contratados falen e entendan o español

É a primeira vez que un grupo parlamentario presenta unha proposta deste tipo, que foi impulsada polo Colexio de Médicos de Tenerife, desde onde se detectaron polo menos 17 casos de médicos contratados que non saben expresarse en español.

Fonte: Madrid Digital

Illas Canarias

O Concello de San Sebastián promove as compras en éuscaro en 1.600 comercios da cidade

O Concello distribuirá carteis con termos e frases en éuscaro a 1.600 establecementos de catro gremios diferentes -hostalería, froiterías e tendas de verduras, carnicerías e peixerías- para que, baixo o lema ¡Proba en éuscaro!, clientes e comerciantes se animen a utilizar esta lingua nas súas compras.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Unha enquisa do Goberno balear afirma que o 3,5 % do persoal sanitario de Mallorca non entende o catalán

Unha enquisa revelada polo Goberno balear pon de manifesto que tan só o 3,5% do persoal sanitario de Mallorca non comprende o catalán cando o interpelan directamente nesta lingua.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Pídenlle ao Executivo de Melilla que adopte medidas para que o tamazight sexa lingua vehicular

O presidente de Coalición por Melilla pediulle ao Goberno da Cidade Autónoma que adopte as medidas oportunas para protexer e potenciar a lingua tamazight despois da recomendación feita pola Unión Europea para convertela en lingua vehicular en Melilla.

Fonte: Diario Sur

Melilla

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder