España
Máis de 90.000 nenos quedan sen estudar en valenciano por falta de oferta
Un estudo da Unidade para a Educación Multilingüe da Universidade de Alacant critica que a ausencia de oferta de liñas de ensino en valenciano por parte da Generalitat Valenciana impide que 92.000 nenos poidan estudar nesta lingua.
Fonte: Món Divers
O tripartito e CiU negocian reducir a opción de estudar en castelán
O tripartito quere que o dereito a estudar en castelán se reduza a un curso escolar, ben na etapa infantil ou en primaria. Pero CiU, impulsor da actual norma, non apoia o cambio e presentou unha emenda para que se manteñan as cosas tal e como están: dereito a estudar en castelán ata os oito anos.
Fonte: El País
Estremadura lanza unha campaña para fomentar a aprendizaxe do portugués
Estremadura iniciou unha campaña para promover que os cidadáns coñezan a lingua portuguesa, co obxecto de ampliar tanto a súa cultura como as posibilidades de negocio.
Fonte: Jornal de Notícias
Educación fomentará o uso do valenciano entre os turistas e residentes alemáns en Alacant
O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, informou sobre a edición dunha guía de valenciano para alemáns ante a relevancia que ten este colectivo na Comunidade.
Fonte: Las Provincias
ERC pide que a Canle Cultura emita nas catro linguas cooficiais
O deputado de Esquerra no Congreso, Joan Tardà, solicitará na Comisión de Cultura que a canle Cultura de RTVE opere desde o centro de Sant Cugat e sexa unha canle multilingüe que emita nas catro linguas oficiais.
Fonte: Finanzas.com
O Goberno español mediará para que as aeroliñas usen o catalán en Cataluña
O secretario de Estado de Transportes, Fernando Palao, comprometeuse a falar coas compañías aéreas que operan en Cataluña para que incorporen o catalán na megafonía e o usen en tanto que lingua oficial en Cataluña, segundo un comunicado emitido pola Generalitat.
Fonte: Europa Press
Créase un "selo" que avalía o uso do vasco nas relacións empresariais
Un "selo" distinguirá as empresas do País Vasco que usan o éuscaro no seu papel de envoltorio, na súa roupa de traballo ou nas mensaxes dos contestadores telefónicos.
Fonte: Expansión
Comeza en Tudela a Korrika, unha carreira a prol do éuscaro
A décimo sexta edición da Korrika botará a andar o 26 de marzo en Tudela e acabará once días despois en Vitoria. É a primeira vez que a popular carreira organizada por AEK arrinca nesta localidade navarra.
Fonte: El Correo Digital
As subvencións do Consell de Mallorca para o fomento do catalán ascenden a 400.000 euros
A convocatoria de subvencións do Consell de Mallorca de 2009 destinadas á normalización lingüística de empresas privadas, concellos e entidades sen ánimo de lucro ascende este ano a 400.000 euros.
Fonte: Soitu
O Consello Escolar do País Vasco rexeita o nivel de éuscaro que esixe Educación para o persoal non docente
A última reunión do Consello Escolar de Euskadi deixou patente os desacordos entre o Departamento de Educación, en mans de EA, e a área de Política Lingüística, que dirixe o PNV, pola esixencia do éuscaro a persoal educativo.
Fonte: El Correo Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín