España
A Xunta de Escola de Maxisterio de Oviedo aproba crear a especialidade de Lingua Asturiana
A Escola de Maxisterio da Universidade de Oviedo contará con especialidade de Lingua Asturiana nos plans de estudos resultantes da próxima reforma das súas ensinanzas.
Fonte: El Comercio Digital
O PP critica o plan de normalización lingüística balear porque limita o uso do castelán no ámbito deportivo
O PP criticou o Goberno balear por elaborar un plan de normalización lingüística que ten como obxectivo "evitar o bilingüismo" no sector deportivo das Ilas, e "impón a calquera entidade deportiva a dispoñer toda a súa documentación en catalán".
Fonte: Europa Press
Apróbase o Plan de normalización lingüística de Baleares
O pleno do Consello Social da Lingua Catalá aprobou sen ningún voto en contra o Plan de normalización lingüística, unha guía para a promoción social do uso do catalán que non implicará imposición ningunha no ámbito privado alleo ás Administracións da Comunidade, segundo destacou a conselleira de Educación e Cultura, Bárbara Galmés.
Fonte: Diario de Mallorca
Coalición por Melilla avoga porque a lingua tamazight sexa unha optativa para ESO
A deputada do Grupo Coalición por Melilla (CPM), Dunia Al-Mansouri, informou recentemente de que a súa formación, a través de Izquierda Unida no Congreso, instou hai varios meses o Goberno de España para que o estudo da lingua tamazight sexa unha materia optativa para os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
Fonte: Melilla Hoy
A Korrika conclúe en Vitoria instando a usar o éuscaro a diario
A Korrika, carreira en favor do éuscaro, cerrou na praza da Virgen Blanca de Vitoria a súa 16ª edición instando a usar a diario esta lingua, máis alá de aprendela.
Fonte: El País
Google potenciará o uso do éuscaro en internet
O Goberno Vasco e a canle de televisión EITB asinaron un convenio coa empresa Google que permitirá utilizar o correo electrónico en éuscaro e realizar buscas de alta calidade en internet no devandito idioma. O acordo pretende impulsar a incorporación da lingua vasca á novas tecnoloxías da comunicación.
Fonte: Diario Vasco
Linguamón e a Pompeu Fabra convocan o I Premio ao Mellor Traballo de Investigación no Ámbito das Linguas e a Linguaxe
A Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra (UPF) e Linguamón – Casa das Linguas acaban de crear o Premio Linguamón-UPF co obxectivo de incentivar a investigación no ámbito das linguas e a linguaxe.
Fonte: Linguamón
As Xornadas para reivindicar o valenciano céntranse no ocio e a cultura
Case 200.000 persoas participaron nas Trobades d'Escoles en Valencià (Xornadas de Escolas en Valenciano) o ano pasado. A 24ª edición desta iniciativa de reivindicación do valenciano pretende bater esta cifra.
Fonte: Las Provincias
A Federación Topagunea abre un debate sobre o papel das asociacións de éuscaro como centro da comunidade lingüística
A Federación de Asociacións de Éuscaro Topagunea celebrou a súa Xunta Anual e decidiu abrir un debate, que durará tres anos, sobre o papel destas asciacións como centro da comunidade lingüística.
Fonte: Europa Press
O valenciano fálase máis nas cidades medias
O uso social do valenciano inicia a súa recuperación nas cidades medias da Comunidade Valenciana. Alcoi e Gandia encabezan a lista de localidades nas que a lingua parou a recesión iniciada no século XIX como consecuencia do asentamento da burguesía nas cidades.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín