España

O ministro de Educación nega que o catalán se impoña nas escolas

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asegurou que o feito de que haxa carteis en catalán nas escolas fomenta o uso do catalán pero non o impón.

Fonte: Avui

Cataluña

Crean un rexistro de tradutores e intérpretes para avanzar na equiparación do éuscaro ao castelán

O Goberno vasco en funcións aprobou un decreto para a habilitación de tradutores e intérpretes xurados co fin de "posibilitar a utilización do éuscaro e, ao mesmo tempo, situar esta lingua na vía para a súa equiparación co castelán" e outros idiomas.

Fonte: Deia

País Vasco

O PP propón unha reforma legal que exime de estudar a lingua cooficial a residentes temporais

O Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou unha proposición de lei que pide que o castelán se estude en "proporcións equilibradas" ao resto das linguas cooficiais en comunidades como Galicia, Cataluña ou País Vasco, e que ademais establece circunstancias para eximir de estudar nas lenguas propias de cada comunidade.

Fonte: EcoDiario

Xeral

O catalán é a lingua habitual do 52 % dos barceloneses

Na cidade de Barcelona un 52% da poboación ten o catalán como lingua habitual, segundo datos da "Enquisa de condicións de vida e hábitos da poboación de Cataluña, 2006", do Instituto de Estudos Rexionais e Metropolitanos de Barcelona, difundidos por CiU.

Fonte: ADN

Cataluña

O Cabido de Tenerife ofrece atención en inglés e alemán nas súas oficinas no norte e o sur

O Cabido de Tenerife, a través dos Centros de Servizos ao Cidadán (CSC) de Icod, La Orotava e Los Cristianos, en Arona, incorporou persoal especializado para atender a estranxeiros en lingua inglesa e alemá.

Fonte: Cabildo de Tenerife

Illas Canarias

Cerca de 400 mozos e mozas maniféstanse en Palma para "defender" a lingua catalá

Cerca de 400 mozos e mozas manifestáronse polas rúas de Palma, en relación coa concentración convocada por Joves de Mallorca per la Llengua, SEPC e Maulets, baixo o lema 'El jovent en defensa de la llengua' (A mocidade en defensa da lingua).

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

Nace o Instituto de Linguas da Península Ibérica

Cos obxectivos de fomentar a convivencia entre as distintas linguas peninsulares, nace o Instituto de Linguas da Península Ibérica (ILPI), unha entidade promovida polo Concello de Benasque (Aragón) e pola Deputación Xeral de Aragón.

Fonte: CTNL

Aragón

O Goberno vasco organiza unha conferencia internacional sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Na conferencia, celebrada durante os días 20 e 21 de abril, os expertos conclúen que a integración da lingua minorizada como lingua vehicular na educación é clave para garantir o bilingüismo.

Fonte: Linguamón

País Vasco

Cambia o perfil dos falantes de éuscaro

Un estudo reflicte que os falantes son cada vez máis novos, máis urbanos e con menos vínculos afectivos cara á lingua vasca. Ademais, o 37 % da poboación é bilingüe, cun total de 755.640 persoas.

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

A Real Academia da Lingua Vasca pide que o éuscaro «non se predique contra ninguén»

O presidente de Euskaltzaindia (a Real Academia da Lingua Vasca) asegurou que o éuscaro é un «valor compartido por todos, que se debe poñer en funcionamento» e que «non se predica contra ninguén, senón con todos».

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder