España

Entesa reclama que se poida controlar o Goberno no Senado en todas as linguas cooficiais

Entesa Catalana del Progrés defenderá unha moción no próximo Pleno do Senado na que reclama que os grupos parlamentarios poidan intervir nas sesións de control ao Goberno en todas as linguas cooficiais.

Fonte: Europa Press

Xeral

A futura Lei de educación de Cataluña prevé que os profesores acrediten un nivel de inglés para exercer

A futura Lei de educación de Cataluña (LEC), que está a punto de recibir a luz verde da comisión de Educación do Parlamento catalán, prevé que os profesores de educación obrigatoria teñan que acreditar un nivel de linguas estranxeiras determinado -en especial de inglés- para poder exercer na escola pública.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Canal Sur amplía a súa programación en lingua de signos

Paso a paso Canal Sur vai cumprindo os compromisos contraídos coa Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas (FAAS) para ampliar a programación accesible para as persoas xordas.

Fonte: Diario Signo

Andalucía

Coalición por Melilla espera que o Instituto de Lingua Tamazight estea en 2010

Os dirixentes de Coalición por Melilla (CPM) están dispostos a que en 2010 estea creado o Instituto da Lingua e Cultura Amazigh. Así o afirmou recentemente o presidente deste partido, Mustafa Aberchán, quen explicou que o obxectivo principal desta institución sería dar a coñecer a lingua tamazight entre o funcionariado da cidade.

Fonte: Melilla Hoy

Melilla

Patxi López comprométese a manter o financiamento de actividades en éuscaro

Manter o financiamento público das actividades realizadas en éuscaro foi o compromiso que rubricou Patxi López no seu discurso ante o Parlamento vasco. «Cumprirei a miña palabra de non reducir a dotación económica das actividades realizadas en éuscaro porque entendo que a cultura feita nesta lingua merece unha atención constante e un trato especial».

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

IU critica o "nulo" emprego da lingua asturiana en Oviedo

IU criticou a "nula actividade" na normalización da lingua asturiana do consistorio ovetense desde as eleccións municipais celebradas en maio de 2007.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Case o 30% dos alumnos de primeiro de infantil en Navarra estudará en éuscaro

O 29,33% dos escolares navarros prematriculados en primeiro de infantil o vindeiro curso, tanto en colexios públicos coma privados, estudarán en éuscaro.

Fonte: Europa Press

Navarra

O 55% dos alumnos de primaria cursa Lingua Asturiana

Un total de 21.770 alumnos estudan este curso a materia de Lingua Asturiana. A matriculación nesta materia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, tanto na rede pública coma na concertada, e na etapa de primaria alcanza xa o 55,5% do alumnado.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Varios concellos de Navarra farán un ficheiro cos habitantes que falan éuscaro

Os concellos de Huarte e do Valle de Aranguren están preparando un ficheiro de veciños que falen éuscaro para, segundo explican, poder organizar actividades con "maior eficacia".

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A lei catalá de educación elude a terceira hora de castelán

O decreto do Ministerio de Educación que insta a dar tres horas semanais de Lingua e Literatura Castelá nas escolas non se aplicará en Cataluña. Iso polo menos é o que se deriva do acordo alcanzado pola Comisión de Educación do Parlamento catalán, que aprobou o informe do relatorio da lei de educación.

Fonte: El País

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder