España
A Radiotelevisión Pública Vasca e o Instituto Cultural Vasco de Iparralde promoverán o éuscaro en internet
Euskal Kultur Erakundea, o Instituto Cultural Vasco de Iparralde, e eitb.com asinaron o pasado luns 11 de maio un convenio de colaboración para promover e difundir a cultura e a lingua vascas en internet.
Fonte: EITB
O vasco, o catalán e o galego úsanse nas eleccións europeas e no Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A páxina web das eleccións europeas ten dispoñible algún do seu material promocional en vasco, catalán e galego, mentres que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea anunciou que agora se poderán usar as tres linguas na correspondencia.
Fonte: Eurolang
A Cámara balear rexeita que o catalán sexa considerado só un mérito en procesos selectivos de persoal sanitario
O Parlamento balear rexeitou unha Proposición non de lei do PP na que pedía que o coñecemento do catalán sexa considerado como un mérito e non como un requisito en todos os procedementos selectivos de persoal no Servizo Público de Saúde.
Fonte: Europa Press
Nafarroa Bai pide que se estableza o requisito ou mérito do éuscaro nas convocatorias de emprego público
Nafarroa Bai rexistrou no Parlamento foral dúas mocións que instan o Goberno de Navarra a establecer nas súas convocatorias de emprego público o requisito ou mérito do éuscaro de forma progresiva e a alcanzar un acordo co Goberno central para impulsar o coñecemento do éuscaro entre os traballadores da Administración do Estado en Navarra.
Fonte: Ya.com
O Tribunal Superior de Xustiza vasco admite os recursos contra o uso do éuscaro como idioma principal na escola
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco admitiu a trámite o recurso -e a solicitude de medidas cautelares-, da plataforma a favor do castelán contra os artigos que fixan o éuscaro como lingua principal na escola nos decretos de infantil e bacharelato.
Fonte: El Correo Digital
CiU quere que Renfe ofreza o catalán para a venda telefónica de billetes
O grupo de CiU no Parlamento catalán rexistrou unha proposta de resolución na Cámara catalá para instar o Goberno de Cataluña a reclamar a Renfe que ofreza a posibilidade de ser atendido en catalán no servizo telefónico de venda de billetes.
Fonte: Europa Press
Zapatero ratifica o seu apoio ás linguas cooficiais pero sen aceptar excesos
O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, ratificouse como un "firme defensor" das linguas cooficiais, convencido de que apoialas é "unha aposta de visión histórica", pero advertiu de que ese apoio non supón aceptar os "excesos" que se cometan con elas.
Fonte: El Periódico
Sindicatos mobilízanse en defensa da lingua asturiana
Os sindicatos Suatea e CCOO mobilizáronse en defensa da creación da especialidade da lingua asturiana nos corpos docentes do Principado.
Fonte: La Voz de Asturias
O chinés será un idioma optativo en 30 institutos da Comunidade Valenciana no curso 2010-2011
O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, anunciou que as clases de chinés mandarín comezarán a impartirse en 30 centros públicos de secundaria da Comunidade Valenciana a partir do curso 2010-2011.
Fonte: El Mundo
O Concello de Palma implantará a lingua de signos en todos os seus actos institucionais
A lingua de signos estará presente no debate do Estado da Cidade e nos plenos do Consistorio palmesano, así como nos principais actos institucionais, ademais de ser incorporada, tamén, na publicidade audiovisual institucional e na páxina web.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín