España

A Asociación Fala Ceibe emite un comunicado para informar dos problemas relacionados co ensino do galego no Bierzo

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo emite un comunicado dirixido á cidadanía berciana, á Consellería de Educación da Junta de Castilla y León, ao Valedor do Pobo desta comunidade e aos medios de comunicación para informar dos problemas escolares do ensino da materia de Lingua Galega no Bierzo.

Fonte: O Bierzo Ceibe

Castela e León

A Consellería de Educación catalá garante que na aula os libros de texto dixitais estarán só en catalán

Fontes do Departamento de Educación catalán rebateron os argumentos que aseguran que os libros de texto dixitais poderían ser unha ameaza para a lingua catalá nas aulas e repetiron que a lingua vehicular do ensino nas aulas será o catalán.

Fonte: El Punt

Cataluña

O PNV pídelle ao conselleiro de Sanidade que explique que papel outorgará ao éuscaro nas futuras ofertas de emprego público

O grupo do PNV na Cámara vasca pediulle explicacións ao conselleiro de Sanidade, Rafael Bengoa, por unhas declaracións nas que afirmou que nas futuras Ofertas Públicas de Emprego (OPE) do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza) "o éuscaro non terá o mesmo rango que ata agora".

Fonte: Europa Press

País Vasco

O PNV pídelle ao Goberno vasco que revise o Plan xeral de promoción de uso do éuscaro

O PNV demándalle ao Goberno vasco que abra un proceso para revisar o Plan xeral de promoción de uso do éuscaro co obxectivo de "pulir tan valioso instrumento e adaptalo aos inicios do século XXI".

Fonte: El Correo Digital

País Vasco

Catro de cada cinco guipuscoanos de 3 a 16 anos elixen o modelo D (integramente en éuscaro), que segue medrando

Máis do 76 % dos guipuscoanos de entre 3 e 16 anos escolarizaranse o vindeiro curso no modelo D. Esta porcentaxe alcanza case o 85 % entre os menores de seis anos. Ademais, este modelo é o único beneficiado do incremento total da poboación en idade escolar, tanto en Guipúscoa como no conxunto da Comunidade Autónoma Vasca (CAV).

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Universidade de Oviedo admitirá documentos en asturiano sempre que a súa tramitación sexa sinxela e non urxente

A Universidade de Oviedo admitirá a partir do vindeiro mes de xuño documentos escritos en asturiano, sempre e cando impliquen unha tramitación sinxela e non unha xestión ou resposta urxente. O regulamento sobre a presentación de escritos en asturiano aprobouse no Consello de Goberno desta Universidade con 39 votos a favor, ningún en contra e cinco abstencións.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Miles de persoas maniféstanse en Palma de Mallorca contra a "imposición" do catalán

Miles de persoas (entre 25.000 e 30.000, segundo cifras do Círculo Balear) pertencentes a máis dunha vintena de organizacións políticas, económicas e sociais manifestáronse en Palma de Mallorca en contra da "imposición" do catalán na educación, a sanidade e a administración pública de Baleares e en defensa da liberdade lingüística e da libre elección do idioma nos colexios.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

Un total de 64 colexios da Rioxa dará materias en inglés, francés ou italiano o vindeiro curso

Un total de 64 centros educativos da Rioxa participará o vindeiro curso escolar no Proxecto de Innovación Educativa que desenvolve a Consellería de Educación co obxectivo de que tanto alumnos como docentes cheguen a dominar idiomas como o inglés, o francés ou o italiano.

Fonte: El Correo Digital

A Rioxa

As axudas forais en Biscaia para promover o éuscaro benefician 1.359 iniciativas

Empresas, publicacións periódicas, asociacións sen ánimo de lucro, entes locais e as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son os receptores dos case seis millóns de euros que a Deputación de Biscaia investiu desde xaneiro en programas de promoción e difusión do éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Escola Valenciana afirma que a demanda de liñas en valenciano supera o 50 %, pero a oferta está "estancada" no 25 %

Escola Valenciana acusou a Consellería valenciana de Educación de "incumprir" a Lei de uso e ensinanza do valenciano (LUEV) ao "negarse a autorizar as solicitudes de ducias de consellos escolares de centros que piden máis prazas en valenciano".

Fonte: EcoDiario

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder