España
O Goberno vasco aproba axudas destinadas a favorecer a creación de material escolar en éuscaro
O Consello do Goberno vasco aprobou subvencións para a creación de material escolar impreso de niveis non universitarios, a produción de material audiovisual educativo e a realización de programas informáticos educativos, elaborados integramente en éuscaro.
Fonte: Europa Press
Carod reivindica que Cataluña é "clave" para promover a diversidade lingüística en Europa
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, reivindicou o papel "clave" que ten Cataluña para sensibilizar a Europa sobre a importancia de manter e promover a diversidade lingüística nunha Europa de identidade "múltiple e complexa".
Fonte: Europa Press
O sindicato Suatea lembra que a oferta de lingua asturiana é obrigatoria en todos os cursos
O Sindicato Unitario Autónomo de Traballadores da Ensinanza de Asturias (Suatea) lembrou, tanto á Inspección Educativa, como a todos os centros de ensino público de Asturias, que "a materia de Lingua Asturiana e Galego-Asturiano é de obrigada oferta".
Fonte: Europa Press
A Plataforma pola Lingua Catalá lamenta que a nova T-1 "ignore" o catalán
A Plataforma pola Lingua Catalá lamentou a "inexistente presenza do catalán" nos paneis informativos do tráfico de vos na recentemente inaugurada Terminal-1 do Aeroporto de El Prat.
Fonte: ADN
O ensino vasco terá modelos lingüísticos "en función da demanda"
A conselleira de Educación do Goberno vasco, Isabel Celaá, asegurou que mentres non se alcancen acordos seguirá habendo "un sistema de modelos" lingüísticos no ensino en función da demanda.
Fonte: EiTB
O 016 atenderá tamén en árabe, chinés e linguas do leste de Europa
O servizo telefónico de información e asesoramento xurídico contra a violencia machista (016) ampliará desde xullo os idiomas de atención as 24 horas ao alemán, árabe, búlgaro, chinés, portugués, romanés e ruso.
Fonte: ADN
León celebra o Día da Lingua Leonesa
A Concellería de Cultura Leonesa celebra o 21 de xuño a cuarta edición do Día da Lingua Leonesa, no que se renderá un homenaxe ao leonés, cunha lectura de poemas e coa entrega de diplomas aos que cursaron esta lingua.
Fonte: Diario de León
O PNV esíxelle ao Goberno vasco que garanta "o dereito dos falantes de vasco a ser atendidos en éuscaro" na Sanidade
A parlamentaria do PNV Eider Mendoza esixiulle ao Departamento de Sanidade do Goberno vasco que adopte, a través da formación dos seus traballadores e mediante a oferta pública de emprego, "todas as medidas necesarias para garantir o dereito dos falantes de vasco a ser atendidos en éuscaro en Osakidetza (Servizo Vasco de Saúde)".
Fonte: Europa Press
O tradutor automático de asturiano estará listo para finais de 2009

O software de tradución automática de asturiano, no que están a traballar a Universidade de Oviedo e a Academia da Lingua Asturiana, baixo patrocinio da Consellería de Cultura do Goberno asturiano, podería ter unha primeira versión en probas a finais do presente ano 2009.
Fonte: Qué
Linguamón estrea a serie de documentais Voces unidas co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística do planeta

Noam Chomsky, Paul Auster, Maria de Medeiros ou Sue Gardner son algunhas das personalidades que quixeron facer oír a súa voz en favor da diversidade lingüística do planeta. Con estas voces, Linguamón abre o documental Voces unidas, un valioso testemuño gráfico que ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía sobre a importancia e o valor das linguas.
Fonte: Linguamón
Boletín
Subscríbase ao boletín