España

O catalán só se usa nun de cada catro xuízos

Só o 25 % dos xuízos que se celebran en Cataluña se fan en lingua catalá. Este é un dos datos incluídos nun estudo elaborado pola administración lingüística e xudicial da Generalitat de Catalunya, que por primeira vez retrata os hábitos lingüísticos nos tribunais e xulgados cataláns.

Fonte: Avui

Cataluña

O modelo educativo A reforzarase con materias en éuscaro

O fracaso do modelo A como sistema para a aprendizaxe do éuscaro non vai supoñer a súa eliminación, senón o seu reforzo. De ser un modelo no que os alumnos cursan unha materia de éuscaro e o resto en castelán, pasará a incorporar máis materias cuxa docencia se imparta en lingua vasca.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Parlamento navarro pide que se cumpra a lei do éuscaro nas prazas do Goberno foral

O pleno do Parlamento de Navarra aprobou unha moción presentada por Nafarroa Bai na que se lle pide ao Gobierno foral que "cumpra" o disposto na lei do éuscaro para todas as prazas que presten servizos nas zonas vascófona e mixta de Navarra.

Fonte: EcoDiario

Navarra

O PSOE leva xa ás Cortes a Lei de linguas de Aragón

O PSOE rexistrará nas Cortes a proposición de lei das linguas de Aragón, despois de anos de negociacións infrutuosas co seu socio de Goberno, o PAR (Partido Aragonés).

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Un total de 48 entidades locais de Navarra apoia as televisións que emiten en éuscaro

Un total de 48 entidades locais de Navarra solicitoulle ao Goberno foral a concesión de licenzas dixitais a televisións que emiten en éuscaro e a sinatura dos convenios necesarios que garantan a súa continuidade.

Fonte: Diario Vasco

Navarra

O bilingüismo na Administración Xeral do Estado non cobre as esixencias do Consello de Europa

A capacitación bilingüe dos funcionarios da Administración Xeral do Estado supera o 90 % en Galicia e Cataluña, mentres que na Comunidade Valenciana, Baleares, País Vasco e Navarra se sitúa en torno ao 70 %.

Fonte: El País

Xeral

A educación en éuscaro consolídase en Álava e xa a elixe a metade dos alumnos de infantil

Nos últimos anos, o ascenso de matriculacións nas aulas de éuscaro en Álava foi lento pero constante. Sen ir máis lonxe, a partir de setembro un total de 15.979 alumnos de entre 0 e 16 anos optará por esta alternativa, un 41,6 % da xente nova en idade escolar.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

A Secretaría de Política Lingüística e o Idescat presentan os datos da Enquisa de usos lingüísticos da poboación 2008

O secretario catalán de Política Lingüística, Bernat Joan, e o subdirector de Produción Estatística do Idescat (Instituto de Estatística de Cataluña), Enric Ripoll, presentaron os datos da Enquisa de usos lingüísticos da poboación 2008. Esta é a segunda edición dunha estatística oficial incluída na lei do Plan estatístico 2006-2009.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Nace a Llionpedia, unha enciclopedia virtual en lingua leonesa

A lingua leonesa conta cunha nova ferramenta para a súa difusión e normalización. Naceu a Llionpedia, enciclopedia virtual en lingua leonesa na que os usuarios deste idioma poden ler, editar e ampliar os artigos relacionados coa cultura universal.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

A Comunidade de Madrid crea o primeiro servizo de interpretación de idiomas nas urxencias hospitalarias e Atención Primaria

A Comunidade de Madrid creou o primeiro servizo de España de interpretación de idiomas para atender os usuarios das urxencias hospitalarias e da Atención Primaria.

Fonte: Europa Press

Madrid

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder