España
O Goberno vasco suspende a norma que establecía o éuscaro como lingua principal no ensino
O Boletín Oficial do País Vasco (BOPV) recolle unha orde do Departamento de Educación do Goberno vasco que suspende o apartado da normativa aprobada polo anterior Executivo que establecía o éuscaro como principal lingua vehicular no ámbito escolar.
Fonte: Europa Press
Acción Cultural do País Valenciano anuncia un recurso contra a retirada do valenciano como requisito no Concello de Ontinyent
Acción Cultural do País Valenciano anunciou un recurso contra a supresión do valenciano como requisito para acceder a un posto de funcionario no Concello de Ontinyent, que a alcaldesa Lina Insa anunciara en marzo.
Fonte: Las Provincias
O Departamento vasco de Educación descarta agora dar clases en éuscaro no modelo A
O Departamento vasco de Educación descartou impartir materias unicamente en éuscaro aos alumnos que estudan no modelo A. A conselleira Isabel Celaá anunciou esta idea a finais de xuño, para permitir que os estudantes que cursan todas as materias en castelán puidesen alcanzar maior desenvoltura en lingua vasca.
Fonte: 20 minutos
China enviará profesores para impartir o seu idioma nos institutos da Comunidade Valenciana desde o curso 2010-2011
O Consello de Goberno aprobou o acordo administrativo entre a Consellería de Educación valenciana e a entidade Hanban para integrar en centros educativos da Comunidade Valenciana a profesores voluntarios de chinés durante o curso 2010-2011.
Fonte: Europa Press
A Diocese de Málaga conta con sacerdotes políglotas para ofrecer servizos en idiomas estranxeiros
A Igrexa decidiu adaptarse á demanda de milleiros de fieis estranxeiros que chegan no verán e ofrecer cerimonias en distintos idiomas. Segundo a Diocese de Málaga, algunhas parroquias desta provincia xa están ofrecendo diversos servizos a estes fregueses que veñen na época estival.
Fonte: El Mundo
A alta demanda duplica as clases de catalán para inmigrantes en Menorca
O Consorcio para o Fomento da Lingua Catalá (COFUC) viuse obrigado a dobrar o número de cursos de catalán para inmigrantes no verán en Menorca debido á alta demanda existente.
Fonte: Última Hora
Un milleiro de persoas reivindica no Val de Arán o uso do aranés
'Aran per sa lengua' (Arán pola súa lingua), a carreira popular organizada polo colectivo de Lenga Viua, reuniu a un milleiro de persoas para percorrer os lugares do Val de Arán e reivindicar así o uso social da lingua aranesa.
Fonte: La Vanguardia
Alboraia é o primeiro concello que elimina a súa oficina de promoción do valenciano
O Concello de Alboraia decidiu eliminar a oficina para a promoción do uso do valenciano e convértese así no primeiro municipio da Comunidade Valenciana en facer desaparecer este órgano, segundo denunciaron técnicos lingüísticos municipais de varias localidades.
Fonte: ADN
O Concello de Amorebieta elaborará unha ordenanza do éuscaro
O colectivo Euskal Herria Euskaraz solicitou no último pleno, co aval de 800 sinaturas, a aprobación dunha ordenanza do éuscaro. A concelleira de Cultura e Éuscaro, Sara Chamizo, adiantou que o consistorio se atopa traballando nela e animou o colectivo a presentar propostas para ser valoradas.
Fonte: El Correo Digital
O catalán é a décimo cuarta lingua máis usada en Google Books
Despois de dous anos e medio do acordo entre Google e a Biblioteca de Cataluña, dixitalizáronse 35.000 libros do máximo centro bibliográfico catalán. Segundo Luis Collado, responsable de Google na península ibérica, o catalán xa é agora o décimo cuarto idioma máis usado en Google Books.
Fonte: Avui
Boletín
Subscríbase ao boletín