España

Unha aplicación permite traducir o iPhone ao catalán

A aplicación iPhoneCat, que permite traducir todo o menú de navegación ao catalán, xa está en máis de 4.000 dispositivos. Os autores desta aplicación gratuíta aseguraron que Apple "non está interesada en facer a tradución ao catalán nin do iPhone nin do sistema operativo Mac OS X", e que, en caso de que algún día estean, eles poñen a disposición do fabricante a súa tradución.

Fonte: E-Notícies

Xeral

Os alumnos chegados doutras comunidades non terán que aprender éuscaro

Os alumnos que se incorporen ao sistema educativo vasco procedentes doutras comunidades non terán a obrigación de examinarse de éuscaro. Poderán aprender, se o desexan, a lingua vasca, pero sen obriga de examinarse.

Fonte: El País

País Vasco

As traducións nos xulgados de Alacante crecen un 52 % no primeiro semestre deste ano

As interpretacións e traducións de linguas estranxeiras nos xulgados da provincia de Alacante aumentaron un 52 % durante o primeiro semestre do ano con respecto ao mesmo período de 2008 ao alcanzar as 4.604. O árabe, con 1.161 actuacións, o inglés, con 838, e o romanés, con 621, son as linguas máis utilizadas.

Fonte: La Verdad

Comunidade Valenciana

O Festival Intercéltico d'Occidente promove a lingua asturiana

O Festival que se celebra en Tapia de Casariego ata o día 23 de agosto aumenta a súa duración e fai especial énfase en promover a lingua asturiana.

Fonte: El Comercio Digital

Asturias

A dobraxe ás linguas autonómicas non despega a pesar de estar apoiado pola lei

A dobraxe nas linguas autonómicas en España non logra despegar, a pesar de que a lei a promove e de que no caso de Cataluña se prevé o establecemento de cotas para dobrar ao catalán.

Fonte: El Correo Digital

Xeral

O Concello de Lena investirá 9.000 euros para impulsar o uso do asturiano

O Concello de Lena continúa co seu compromiso en favor do uso do asturiano no municipio e, neste sentido, desde a concellería de Política Lingüística, dirixida por David Suárez, xa se está a traballar en novos proxectos que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A metade dos concellos asturianos xa recuperou a súa toponimia tradicional

A metade dos concellos de Asturias concluíu xa a recuperación dos seus topónimos tradicionais. A estes 39 municipios, que finalizaron a revisión da súa toponimia, súmanse outros 20 que teñen aberto o proceso para restaurar os nomes populares e tradicionais do seu contorno.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Douscentos comerciantes de San Sebastián participaron ata o momento nos cursos de éuscaro específicos para o sector

Hai dous anos, o Padroado de Éuscaro de San Sebastián comezou a ofertar cursos específicos para comerciantes e hostaleiros. O obxectivo era que puidesen atender a súa clientela nesta lingua, pero tamén que fosen conscientes do valor engadido que o éuscaro supón para os seus negocios e a calidade do servizo. Desde entón, douscentos comerciantes pasaron por estes cursos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O sector do turismo rural de Castela e León apunta a necesidade de mellorar a oferta en linguas estranxeiras

Desde hai anos, practicamente coa posta en marcha do portal en internet de turismo rural da Junta de Castilla y León os empresarios do sector apuntaron a necesidade de divulgar con eficacia esta ferramenta. Neste aspecto, o presidente de Acaltur, Javier Herrera, lamenta que as páxinas web de turismo rural da rexión apenas «están en inglés», por non falar doutras linguas.

Fonte: ABC

Castela e León

Destacan a importancia da expresión facial e a vocalización na lingua de signos

A asesora educativa da Federación de Persoas Xordas de Cantabria, Cristina Assal, destacou, durante a celebración do curso "Comunicación básica en lingua de signos española" que se celebra en Cantabria, o papel de factores como a expresión facial, o movemento corporal ou a vocalización na lingua de signos.

Fonte: El Correo Gallego

Cantabria

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder