España

O colectivo Fala Ceibe demanda que se manteña a recepción da TVG no Bierzo para poder ver a programación en lingua galega

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo informa de que a desaparición da televisión analóxica impedirá ver as actuais emisións da Televisión Pública Galega (TVG) no Bierzo. Durante anos os bercianos puideron gozar da programación en lingua galega desta canle, o único medio de comunicación televisivo que os galegofalantes desta zona leonesa podían ver neste idioma, o que serviu para fomentar e prestixiar a lingua.

Fonte: O Bierzo Ceibe

Castela e León

A Junta de Castilla y León destina 524.628 euros para a contratación de 26 intérpretes de lingua de signos

A Junta de Castilla y León aprobou unha partida de 524.628 euros para a contratación do servizo de intérpretes de lingua de signos destinado á atención de alumnado xordo dos centros docentes públicos desta comunidade durante o curso escolar 2009-10.

Fonte: Icalnews

Castela e León

O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea convoca axudas para actividades en éuscaro

O Instituto Navarro del Vascuence-Euskarabidea fixo pública a convocatoria de axudas para a realización de actividades culturais en éuscaro e de fomento desta lingua nas tecnoloxías da información e a comunicación.

Fonte: ABC

Navarra

A Generalitat de Catalunya manterá a súa política lingüística con independencia da decisión do Tribunal Constitucional

O secretario xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan (ERC), declarou que o Goberno desta comunidade manterá a súa política lingüística aínda que o Tribunal Constitucional (TC) anule o artigo do Estatuto sobre a obrigatoriedade de coñecer o catalán, un recorte que cualificou de "inaceptable e ilexítimo".

Fonte: Diario del Alto Aragón

Cataluña

Un total de 245 centros educativos cataláns iniciará este ano o plan de linguas estranxeiras

Un total de 245 centros educativos cataláns iniciará o vindeiro curso 2009-2010 o seu propio plan de linguas estranxeiras para potenciar o emprego dun terceiro idioma entre os alumnos, e con eles alcanzaranse os 1.045 centros que o aplican.

Fonte: Europa Press

Cataluña

A Consellería vasca de Educación pon en marcha internados en inglés para alumnos de primaria

Entre os proxectos que vai desenvolver o Departamento de Educación do Goberno vasco o vindeiro curso 2009-2010 destaca a posta en marcha de internados en inglés dunha semana de duración para os alumnos de sexto curso de primaria da rede pública.

Fonte: El País

País Vasco

O Goberno de Aragón e as Escolas Pías colaboran para fomentar as linguas estranxeiras

A conselleira de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, María Victoria Broto, e o provincial da Institución Escolas Pías, Javier Negro, asinaron un protocolo de colaboración en materia de educación para desenvolver o estudo de linguas estranxeiras en Aragón.

Fonte: Europa Press

Aragón

Denuncian o ´escaso´ apoio do Principado de Asturias ao asturiano

O portavoz da Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana, Carlos Pulgar, denunciou que desde a chegada de Vicente Alvarez Areces á presidencia do Principado de Asturias, hai dez anos, o apoio á legalización do asturiano foi "escaso".

Fonte: La Nueva España

Asturias

Formentera aposta polo uso do catalán

A Consellería de Educación e Cultura do Consello Insular adheriuse un ano máis á campaña "Ara és la teva. Atén en Català" (Agora é a túa. Atende en catalán), promovida pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno balear.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

O Concello de Bilbao enviará 6.000 folletos para fomentar o éuscaro na familia e a matriculación nesta lingua

O Concello de Bilbao enviará cerca de 6.000 folletos informativos a domicilios de familias con fillos e fillas nacidos entre 2007 e 2008, co obxectivo de sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar e potenciar a matriculación en modelos de ensino en lingua vasca.

Fonte: Europa Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder