España

A aseguradora Caser facilitaralles aos seus clientes xordos a tramitación das súas xestións en lingua de signos española

A aseguradora Caser asinou un acordo coa Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación que lles permitirá aos seus asegurados xordos dar os seus partes e tramitar calquera xestión en lingua de signos española.

Fonte: Europa Press

Xeral

As panaderías de Arrigorriaga distribuirán 2.500 dicionarios a prol do éuscaro

As panaderías de Arrigorriaga repartirán o 2 de decembro 2.500 bolsas de pan e outros tantos pequenos dicionarios de éuscaro dentro dunha campaña organizada polo Concello para incentivar o uso desta lingua nos comercios.

Fonte: ABC

País Vasco

A Plataforma pola Lingua repartirá 26.000 cartas aos Reis Magos en catalán

A Plataforma pola Lingua celebrará unha festa lúdica durante a cal un paxe real recollerá 26.000 cartas dirixidas aos Reis Magos a través das cales os nenos pedirán xoguetes en catalán, baixo o lema Poder xogar en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Crean unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras

A Viceconsellería de Política Lingüística promoveu unha aplicación para a medición dos indicadores do éuscaro nas entidades financeiras. Esta aplicación creouse para facilitar o labor das entidades financeiras e para que estas poidan xestionar os indicadores de medición da situación desta lingua de xeito eficaz.

Fonte: Euskadi.net

País Vasco

Menorca é a illa con menor presenza do catalán na educación primaria

O Anuari de l'Educació de les Illes Balears que cada ano elabora a Universidade das Illas Baleares e Caixa Pollença sinala a educación primaria como o talón de Aquiles da integración da lingua catalá na illa.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O reitor da Universidade de Oviedo reitera o seu apoio á lingua asturiana

O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, reiterou o seu compromiso co asturiano durante o seu nomeamento como patrón de honra da Fundación Caveda y Nava, en Villaviciosa, polo seu traballo para "desbloquear" a situación da lingua asturiana no ámbito universitario.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

As institucións vascas apelan ao consenso en favor do idioma no Día Internacional do Éuscaro

A lingua vasca conseguirá o consenso por parte das institucións do País Vasco no Día Internacional do Éuscaro, que se celebra o xoves 3 de decembro, pois defenderán o seu «compromiso» para promover o uso deste idioma.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Eitb.com estrea o seu novo portal Euskaraz, dispoñible en catro idiomas

Con motivo do Día do Éuscaro, eitb.com estrea o seu novo portal Euskaraz, que estará dispoñible en catro idiomas: éuscaro, castelán, inglés e francés. O portal ofrecerá cursos de lingua vasca deseñados de forma especial para poder realizalos en liña desde o ordenador.

Fuente: Deia

País Vasco

O PSOE podería aprobar a Lei de linguas con votos de Partido Aragonés e Chunta Aragonesista

O PSOE aceptará unha de cada tres emendas presentadas á proposición de Lei de linguas, sobre todo as do PAR (Partido Aragonés) e as de CHA (Chunta Aragonesista). Un xesto de boa vontade para que ambos os grupos permitan aprobar o texto cando chegue o próximo 17 de decembro ao pleno das Cortes.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

Unha asociación balear de defensa da lingua catalá súmase á campaña para poder ver TV3 na Comunidade Valenciana

A asociación Joves de Mallorca per la Llengua sumouse á campaña promovida pola plataforma Televisión sen fronteiras, entidade que xurdiu como resposta ao peche por parte da Generalitat Valenciana dos repetidores que Acción Cultural do País Valenciano puxo para que se vise TV3 nesa comunidade.

Fonte: Europa Press

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder