España

A Comunidade de Madrid selecciona os primeiros 30 institutos bilingües para o próximo curso, cinco máis dos previstos

A Comunidade de Madrid seleccionou os 30 primeiros institutos públicos bilingües da rexión que entrarán en funcionamento o próximo curso 2010-2011 e que ofrecerán ensinanzas en inglés a máis de 4.000 alumnos madrileños de secundaria.

Fonte: Qué

Madrid

O Consello Escolar do País Vasco cre que o éuscaro debe seguir sendo a lingua principal

O Consello Escolar de Euskadi manifestouse partidario de que o éuscaro siga a ser a lingua vehicular de presenza maioritaria no sistema educativo por ser a que necesita unha "acción positiva".

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Goberno de Cataluña premia a política de Google co catalán

A empresa Google foi unha das galardoadas na II edición dos Premios Pompeu Fabra. Josep Lluís Carod-Rovira afirmou que "o catalán é tamén unha lingua presente nas novas tecnoloxías".

Fonte: E-Notícies

Cataluña

A Confederación Estatal de Persoas Xordas móstrase preocupada polo futuro Centro de Normalización da lingua de signos

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) mostrou a súa "profunda preocupación" polo borrador do proxecto que regula o Centro de Normalización Lingüística da lingua de signos española, unha entidade que terá por obxecto "investigar, fomentar, difundir e velar polo bo uso deste idioma".

Fonte: Europa Press

Xeral

Unha empresa valenciana idea un novo método en liña para a aprendizaxe de idiomas

A empresa valenciana Computer Aided eLearning (CAE) creou un novo método de aprendizaxe en liña de idiomas que integra por primeira vez todas as tecnoloxías e aplicacións virtuais para este tipo de ensino nun mesmo sistema de formación continua de 24 horas ao día.

Fonte: EFE

Comunidade Valenciana

O Concello de Eibar presenta un novo portal para o éuscaro

Esta semana presentouse a nova páxina web do éuscaro de Eibar que se renova en contidos e sobre todo en ferramentas. Crear unha web viva e que se vaia nutrindo de contribucións é o obxectivo dos seus promotores.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Cataluña dá o primeiro paso para oficializar o aranés

A Generalitat aprobou o Proxecto de lei da lingua aranesa, en cumprimento do mandato que establece o Estatuto de Cataluña e para cumprir os compromisos establecidos na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno catalán asina un acordo co Colexio de Notarios de Cataluña para fomentar o uso do catalán no sector

O Goberno de Cataluña fomentará o uso do catalán no sector das notarías. O vicepresidente do Goberno, Josep-Lluís Carod-Rovira, a conselleira de Xustiza, Montserrat Tura, e o decano do Colexio de Notarios de Cataluña, Joan Carles Ollé, asinan un acordo para impulsar conxuntamente accións de fomento do uso do catalán nas notarías e garantir así o dereito da cidadanía a ser atendida oralmente e por escrito na lingua oficial da súa escolla.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A mensaxe da S.M. El-Rei retransmitirase en lingua de signos por primeira vez na historia

Unha novidade servirá para que as persoas que teñen discapacidades auditivas poidan seguir as palabras da S.M. El-Rei Don Xoán Carlos grazas a que este ano será a primeira vez na que se retransmitirá en lingua de signos española a través da páxina 'web' de TVE.

Fonte: El Mundo

Xeral

Instan as administracións rioxanas a implantar intérpretes de lingua de signos

Esta é unha da suxestións que a Valedora do Pobo da Rioxa inclúe no seu informe especial sobre "As linguas de signos: un medio de comunicación das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas", que presentou no Parlamento rexional para a súa tramitación.

Fonte: ABC

A Rioxa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder