España

O Bloque por Asturias pídelle ao arcebispo de Oviedo que use o asturiano "con normalidade"

O portavoz del Bloque por Asturias, Pablo Fernández, solicitoulle ao novo arcebispo de Oviedo, Jesús Sanz, que utilice a lingua asturiana con normalidade, como ferramenta no mundo eclesiástico e na liturxia.

Fonte: Europa Press

Asturias

O Partido Popular de Cataluña impugna o regulamento de usos lingüísticos do Concello de Barcelona

Alberto Fernández Díaz, presidente do grupo municipal popular no Concello de Barcelona, impugnou o regulamento de usos lingüísticos do Concello, ao que dan apoio tanto CiU como ERC e os grupos de goberno.

Fonte: Avui

Cataluña

O catalán incorpora 250 novas palabras durante 2009

As 250 novas palabras que incorporou o catalán durante 2009 están maioritariamente relacionadas co ámbito dos videoxogos e a gastronomía. Trátase dunha adaptación de termos que chegan do inglés, o francés, o italiano e o castelán, segundo informou o centro de terminoloxía Termcat.

Fonte: El País

Cataluña

Un libro da Universidade de Granada analiza os problemas da lingua española no século XXI

A publicación, en formato en papel e en CD-ROM, aborda temas como a variación lingüística e o futuro do español en América, así como os novos retos aos que se enfronta este idioma co uso de internet e coa aparición de novas regras e formas discursivas vinculadas aos avances tecnolóxicos, informou a Universidade nun comunicado.

Fonte: Granada Digital

Andalucía

A Universidade de Oviedo asumirá máis compromiso coa lingua asturiana, pero sen facela propia

Un dos puntos recollidos nos novos estatutos da Universidade de Oviedo é o uso da lingua asturiana na Universidade. Segundo a nova normativa, a institución docente asumirá «un maior compromiso» na normalización e desenvolvemento do asturiano, pero rexeita a súa consideración como «lingua propia», tal e como propoñía unha das emendas presentadas contra o novo texto normativo.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A nova web da Fundación Ramon Llull está dispoñible en cinco idiomas

A páxina está accesible desde dous dominios (www.fundacioramonllull.cat e www.fundacioramonllull.ad) e en cinco idiomas (catalán, castelán, francés, inglés e italiano). Os internautas poderán encontrar puntualmente todas as novidades sobre a Fundación, as actividades previstas e os datos esenciais.

Fonte: ABC

Cataluña

O PP propón autorizar o ensino do español como lingua estranxeira en escolas de idiomas da provincia de Almería

O Partido Popular defenderá no próximo período de sesións unha proposición non de Lei no Parlamento andaluz na que insta a Junta a autorizar as ensinanzas de español como "lingua estranxeira" nas escolas oficiais de idiomas da provincia de Almería situadas "nos municipios con maior número de residentes estranxeiros".

Fonte: Europa Press

Andalucía

Inician unha campaña en 45 municipios de Biscaia para impulsar a opción do modelo educativo en éuscaro

Un total de 7.600 familias con fillos de entre 2 e 3 anos e residentes en 23 municipios e tres mancomunidades biscaíñas serán protagonistas dunha campaña informativa que ten como obxectivo promover a escolarización infantil en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Madrid comprométese a ofrecer 22.000 servizos de intérpretes de lingua de signos española

Cerca de 15.600 persoas xordas de Madrid accederán ata o verán de 2011 aos máis de 22.000 servizos gratuítos de intérpretes de lingua de signos que ofrece a Comunidade de Madrid.

Fonte: Diario Signo

Madrid

Impugnan o regulamento que fixa as comunicacións en asturiano coa Universidade de Oviedo

O Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu acaba de formalizar, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, unha demanda contra o Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Oviedo, polo que se aproba o regulamento para a presentación e recepción de escritos en asturiano, xa que, segundo esta asociación, contradí a legalidade e pon impedimentos ao uso do asturiano nas comunicacións coa Universidade.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder